Esquerda Unida propón medidas para a sacar a Vigo do furgón de cola das cidades que menos invirten na partida orzamentaria de cooperación e sensibilización

Esquerda Unida de Vigo en definitiva comprométese a traballar para conseguir outro mundo posible tamén dende o local.

 Nair Rodríguez, nº 4 da candidatura ao Concello de Vigo e responsable de Cooperación e Solidariedade de Esquerda Unida-Vigo considera que os vigueses e viguesas non estamos fóra do mundo. Pertencemos a un mundo global no que a maioría da poboación vive por debaixo do umbral da pobreza. Por iso a cooperación ao desenvolvemento convértese nunha obriga para o primeiro mundo ao que pertencemos. Unha obriga ética e de xustiza que implica o apoio ao desenvolvemento dos pobos e ao recoñecemento dos seus dereitos, unha obrigación de respecto á súa historia e a súa cultura e un compromiso coa paz.

 Para iso, Esquerda Unida actuará coas seguintes propostas: 

  • Participación cidadá e mobilización social. EU non se limitará a unha mera tarefa de dispensadores de servizos, senón que promoverá e impulsará a participación. Para iso propón constituír en cada concello un Consello Municipal de Paz, Solidariedade e Cooperación con carácter consultivo.
  •  Creación dunha partida específica de cooperación ao desenvolvemento que abarcará como mínimo o 1 % do orzamento municipal. 
  • Creación dunha concellaría delegada de Paz, Solidariedade e Dereitos Humanos
  • Cooperación bilateral/solidariedade: Capacitación de técnicos e a cofinanciación dos proxectos municipais, apoio ao as administracións locais do Sur e apoio ao asociacionismo municipal. 
  • Combinar a cooperación a través de ONG coa cooperación directa cos municipios a través de irmandamentos solidarios que que axude ao fortalecemento institucional, a participación popular e superación do empobrecemento. 
  • Conseguir a implicación da cidadanía a través de información e campañas promovidas polo concello por decisión propia ou en coordinación cós movementos sociais na que a visión dos pobos do Sur debe ser obxectiva e respetuosa. Para iso traballarase para que nos medios de comunicación locais non se usen imaxes catastróficas ou idílicas que incitan á caridade en lugar da reflexión e a solidariedade. 
  • No ámbito da educación para o desenvolvemento propón promover e subvencionar mediante convenios cos centros de ensino: Proxectos educativos que incorporen a educación para a paz e a solidariedade como eixo transversal e irmandamentos e relacións en xeral da comunidade educativa con centros de ensino de países do Sur. 
  • Comercio xusto-consumo responsable: Desde os concellos débese dar un pulo importante a esta actividade axudando a crear e desenvolver redes locais de comercio xusto, facilitándolles a relación con establecementos comerciais, apoiando a participación destes na actividade, reservando espazos en mercados e feiras municipais e dándoa a coñecer á poboación. 
  • EU priorizará que os fondos asignados á cooperación para o desenvolvemento destínense á realización de actuacións –programas, proxectos…– que contribúan a resolver situacións carenciales crónicas de grupos de poboación mediante o reforzo das capacidades económicas, sociais ou culturais destes colectivos e a realización de actuacións de axuda humanitaria –alimentaria e de emergencia. 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: