Esquerda Unida visita os terreos onde se ubicará a nova depuradora e seguirá defendendo unha ubicación alternativa

Rubén Pérez e membros da candidatura de EU de Vigo visitaron onte xunto con veciños de Coruxo o entorno da actual EDAR do LAGARES para plantexarlles a súa proposta alternativa que inclúe unha aposta por unha EDAR fóra do entorno da ría e sen emisario submarino.

Rubén Pérez trasladou que EU remitiu máis información á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre  a problemática da contaminación da Ria de Vigo, especialmente ante a prevista ampliación da depuradora de Lagares.

Para ESQUERDA UNIDA esta nova depuradora con novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, incumprirá, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares.

Rubén Pérez suliñou que ter unha edar a pé da ría é unha clara amenaza á nosa biodiversidade e a sectores importantísimos como a pesca e do marisqueo”.

 ESQUERDA UNIDA defende unha EDAR en altura (nos espacios despoblados como os forestais) e con estacións de bombeo e rede separativa de augas pluviais e fecais.

 Rubén Pérez Esquerda Unida interpelou  á Comisión Europea sobre o anteproxecto da nova depuradora de Vigo. A este respecto, indicou que se prevé que 104 millóns de euros (46´66% do financiamento total) provirán de Fondos FEDER. Na súa
interpelación, pediu información á Comisión sobre o seguimento realizado do programa de redución da contaminación da Ría de Vigo e, ante unha posible vulneración de normativa comunitaria, instou á Comisión Europea a explicar as “accións emprendidas para garantir que a nova EDAR respecte a Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: