Para Esquerda Unida en políticas de igualdade en Vigo aínda queda moito por facer

Eva Solla, nº 2 da candidatura de EU ao concello de Vigo cree que no eido laboral  prodúcense as maiores desigualdades sociais.

Eva Solla sinala que nesta campaña electoral ESQUERDA UNIDA sigue defendendo que as iniciativas políticas e lexislativas deben dirixirse a todos e cada un dos aspectos estructurais de discriminación e violencia que aínda persisten e éstas deben abordarse con medidas preventivas e transversais, baseadas prioritariamente no obxectivo de modificar os valores sociais que aínda permiten e potencian as situacións de desigualdade entre mulleres e homes.

A conciliación entre a vida laboral e familiar, polo momento é, igualmente, unha expectativa. Os homes seguen a sen compartir equitativamente as cargas familiares e as tarefas domésticas. Para que isto ocurra, non son soamente necesarias leis que o regulen senón tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriacal e sexista nunha sociedade igualitaria.

 A repercusión que ten a crise no mercado laboral, no caso das mulleres, é cada día máis alarmeante. A xa permanente precariedad, a desigualdade salarial e a dicriminación por razón de sexo o polo estado civil das mulleres, que condiciona o seu acceso ao emprego e a traballos estable, agora máis que nunca está patente en tódolos contratos que se realizan a mulleres.

O risco máis temible para as mulleres, nunha situación de crise da gravidade da actual, a precariedad nas condicións de incorporación ao mercado laboral, o retroceso na tasa de actividade (xa de por sí moi baixa), e o retorno de moitas ás labores domésticas e de coidados familiares, o que pode producir unha involución sen precedente cara os vellos roles patriarcais que estamos intentando combater.

Por outra banda, os alarmantes índices de pobreza, que afectan con maior rigor ás mulleres inmigrantes, máis desprotegidas, e as mulleres mayores, con pensións mínimas ou non contributivas que non chegan a cubrir as súas necesidades básicas, fan máis apremiante aínda o reforzamento do Estado Social e dos sistema de protección.

Esquerda Unida propón cara as vindeiras eleccións municipais que o Concello mostre verdaderamente a súa vontade de por as bases reais, para que a igualdade das mulleres sexa un feito e non unha mera aspiración cunha serie de medidas destinadas a unha transformación real da nosa sociedade, onde as mulleres sexamos cidadás con plenitude de dereitos.

Por todo elo, Esquerda Unida, comprométese a traballar para xenerar un concello de Vigo de suxeitos iguais en dereitos e obrigas, utilizando os medios legais existentes e posibilitando os cauces para que os homes e mulleres teñamos as mesmas posibilidades de desenvolvemento:

  • Implantando e desenvolvendo accións e programas que fomenten a sensibilización e plasmación da igualdade real     entre homes e mulleres.
  • Elaborando un Plan de Igualdade con carácter transversal, no que se impliquen tódalas áreas municipais. Con dotación orzamentaria dabondo e avaliación anual da súa execución e desenvolvemento.
  • Desenvolvemento no noso Concello do Plan de Igualdade para as traballadoras e traballadores da nosa cidade.
Advertisements

2 Respostas

  1. Estou certo de que o Alcalde vai pasar da seguinte proposta, que lle enviei a semán pasada… Penso que o millor a vos os parece unha idea a na que pensar…

    Sr. Alcalde de Vigo, como presidente da CORPORACIÓN MUNICIPAL,
    O próximo día 17 de Xuño cúmprese o 131 aniversario da aprobación por ese Excmo. Concello dos estatutos da “CAJA DE AHORROS Y MONTE DE PIEDAD MUNICIPAL DE VIGO”, creada por ese concello, baixo a súa PROTECCIÓN e GARANTÍA.
    A historia da nosa Caixa está a piques de rematar da peor maneira, que é a súa desaparición total, xa que un BANCO xamais será unha CAIXA DE AFORROS.
    Paréceme que non é preciso entrar en detalles respecto das consecuencias que dita perda supoñen, xa que son dabondo coñecidos, e suporía iniciar unha discusión sobre as complexas causas do ocorrido, (aínda non debatidas) xa que non é ese motivo deste escrito.
    Pero si me parece oportuno propor que, por parte dese concello, aprovéitese a efemérides para facer unha homenaxe os persoeiros que a fixeron posible, así como unha revisión das causas que consumaron o fracaso, das que todos, dalgunha maneira, somos responsables.
    E para que?… Parece evidente que as razóns, son obvias, pero eu quero engadir unha máis:
    Ao longo da historia, é necesario recoller as boas experiencias, para aprender a planificar o futuro. As situacions económicas e sociais que xustificaron a creación da Caixa de Aforros naquel intre, persisten no presente.
    Así pois, Por que non tentalo de novo?…
    Posto que nos deixaron sen a nosa CAV, veño propor que a Corporación Municipal de Vigo inclúa nos seus debates a creación dunha comisión que estude e valore as posibilidades de constituír unha nova Caixa Municipal.
    E non o fago desde unha perspectiva localista, pois penso que o mesmo exemplo pódese aplicar noutras cidades galegas.
    A eficacia da estratexia das finanzas xestionadas desde unha planificación global, estaría garantida si se recuperase tamén a FEDERACIÓN DE CAIXAS GALEGAS, en colaboración coa Xunta, así como A CONFEDERACIÓN DE CAIXAS ESPAÑOLAS (Que ata fai pouco, representaban mais do 50% dos recursos financeiros do pais).
    A isto que propoño de forma individual, pódense engadir outras persoas, xa sexa procedendo a enviar un escrito semellante, ou participando na web: http://pieall.com
    Onde se recollen votos en favor ou en contra da mesma (no apartado de “POLÍTICA”).
    Vigo, 3 Maio 2011

  2. Sei que vos preocupan as FINANZAS ETICAS… Non estaría mal que no voso programa pensarades que o concello podería facilitar un local para uso das entidades financeiras éticas que queran instalarse en Vigo…

    Patrocinar unha fundación, para a promoción das finanzas éticas, por parte de concello, tampouco sería unha un ala opción para incluir nun programa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: