O emprego, prioridade de todos os partidos pero só EU pon propostas na mesa

Rubén Pérez, candidato de ESQUERDA UNIDA, lembra que os tres grandes partidos galegos comezan a súa campaña electoral apelando ao seu compromiso coa loita contra o desemprego, feito que, para ESQUERDA UNIDA, obliga a que presenten públicamente cal vai a ser a súa proposta programática para abordar esta tarefa.

ESQUERDA UNIDA como forza da clase obreira considera inapelable que se artellen medidas concretas tamén no ámbito municipal para combartir o desemprego e repartir a riqueza xa que, como suliña o candidato de EU: “os beneficios empresariais na nosa cidade siguen estando por enriba da media do resto dos países da OCDE”. Por iste motivo reclamou que xa é hora de configurar un novo imposto municipal semellande ao IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS pero que non grave a actividade senón o beneficio.

Esquerda Unida presentou neste primeiro día de campaña propostas concretas e factibles, algo que ten que ser símbolo de identidade da esquerda transformadora e alternativa.

PROPOSTAS MUNICIPAIS BÁSICAS PARA CREAR EMPREGO:

  1.  Remunicipalización das empresas públicas privatizadas nos últimos, e xestión pública da contratación nas mesmas para consolidar plantillas e crear emprego.
  2.  Creación de empresas municipais agrarias e forestais para dar pulo aos sectores primarios no noso concello
  3.  Plan municipal de eficiencia enerxética que xenere emprego estable para afrontar cambios no deselvolvemento energético de edificios públicos, comunidades, mobiliario público eléctrico e electrónico, etc…
  4. Desenvolvemento das Escolas-Taller e das Casas de Oficios como instrumentos de inserción xuvenil, mellora da cualificación profesional e apoio á consecución de patrimonio público.
  5.  Impedir a utilización das ETT`s en todas as obras ou actuacións nas que se atope presente o Concello de Vigo
  6.  Contratación laboral transparente no concello. Loita contra os enchufes que converteron á contratación do noso concello nun exemplo de clientelismo e repartición de prevendas entre partidos
  7.  Promoción do emprego público destinado a labores ambientais: restauración, conservación, mantemento e mellora de espazos rurais e naturais, en colaboración con outras administracións: dominios públicos marítimo-terrestre, e hidráulico e as súas
    zonas de servidume de protección, vías pecuarias, vías verdes, superficies
    forestais, zonas húmidas, terreos improductivos abandonados, etc.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: