Para Esquerda Unida o 22 de Maio vótase algo máis que alcaldes e concelleiros. Ten que ser o día do comezo da rebelión cidadá

Rubén Pérez, cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA de Vigo, considera que non son unhas eleccións máis, e non poden selo con case 5 millóns de desempregados e desempregadas. Se a esquerda non da unha resposta contundente nas urnas , engadíu Rubén Pérez, o sistema capitalista entenderá que pode seguir apretando e roubando dereitos aos traballadores e traballadoras.

Para ESQUERDA UNIDA son moitos os motivos os que fan imprescindible o voto de castigo as forzas que alternáronse no Concello sen dar respostas e sen democratizar a institución.

O 22 de maio hai que decir basta a crise económica creada polo capital financiero e o roubo patronal en forma de plusvalía. Basta a reforma laboral que apoiaron PP e PSOE, ao desemprego do 40% dos mozos e mozas da nosa cidade, a existencia de centos de familias da comarca sen ningún membro con ingresos.

Hai que decir basta ao enchufismo das forzas políticas no Concello, contratando favores a cambio de salarios, a defensa do público, a democracia e a transparencia.

ESQUERDA UNIDA vai a realizar una digna campaña electoral tomando como referencia os métodos políticos que fixeron da esquerda a forza social da rúa; o pasquín, o acto na rúa, o encontro coas forzas sociais, sindicais, culturais, etc… da nosa cidade. En tempo de crise o ornato, o despilfarro electoral e a mercadotecnia electoral terían que estar erradicados da práctica política que se diga austera.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: