1º de Maio, o internacionalismo proletario máis necesario ca nunca

MANIFESTO UNITARIO DE ESQUERDA UNIDA, PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA e a XUVENTUDE COMUNISTA

Este Primeiro de Maio de 2011 ten lugar nun contexto especialmente agudo de loitas sociais no noso país e no mundo. Os xestores do neoliberalismo, que é a versión contemporánea do capitalismo, decidiron utilizar a crise do sistema capitalista para intensificar a explotación dos traballadores e pobos do mundo enteiro. Tratan de recuperar a taxa de ganancia a costa do recorte das retribucións salariais, o retroceso das conquistas sociais e a limitación da democracia.

No estado español, o número de parados e paradas está no bordo dos 5 millóns, de acordo cos datos da última Enquisa de Poboación Activa. Na nosa comarca más de 30.000. Mentres, o gran capital, coa complicidade do Goberno (xestada na reunión de Rodríguez Zapatero cos grandes empresarios, aínda que o seu Ministro de Traballo faga protesta coa boca pequena e adóptense medidas insignificantes) , atrévese a facer públicas medidas que, ata non fai moito, fosen consideradas como inimaxinables e ocultadas á opinión pública. Así, Telefónica, anuncia o despedimento de 6.000 traballadores mentres obtén os beneficios máis altos da súa historia e retribuye aos seus directivos con máis de 450 millóns de euros de compensación extraordinaria. E trátase só dun exemplo.

A chamada reforma laboral abaratou o despedimento e, lonxe de facilitar a contratación indefinida, converteuna nunha excepción que non supera o 9% do total dos contratos.

A reforma do sistema público de pensións constitúe un ataque sen precedentes ao salario indirecto dos traballadores e ten como finalidade abrir camiño aos fondos privados de pensións e garantir os recursos necesarios para facer fronte á débeda externa da Banca española, xerada esencialmente no proceso de especulación inmobiliaria.

Con ese mesmo obxectivo ponse a disposición do capital financeiro para a súa xestión a metade do aforro do país, mediante a privatización das Caixas de Aforro.

Non hai nin unha soa medida das tomadas polo Goberno Zapatero/Rubalcaba, coa escusa de combater a crise, que non vaia directa ou indirectamente en beneficio da banca, cuxa situación de endebedamento constitúe unha auténtica obsesión para o Executivo do PSOE e en cuxo favor está disposto a sacrificar o emprego, os servizos sociais, as pensións e o investimento público.

Ademais, a proxectada reforma da negociación colectiva pretende liquidar o sindicalismo combativo e de clase, desproteger aos traballadores e facer retroceder, ata, os limitados contidos de democracia social e económica da Constitución española.

Xa hai a suficiente experiencia para constatar que as medidas que se están adoptando fronte á crise, impulsadas pola Comisión Europea e o FMI, e esixidas polos gobernos neoliberais dos países centrais da UE, están fracasando e xeran un alto custo para os traballadores e traballadoras, tanto por conta allea como autónomos, e para a gran maioría da cidadanía. Recoñécese sen rubor que son os mercados os que mandan sobre a vontade popular. Mercados que, aínda que se quere ocultar, teñen nome e apelidos: son os donos dos grandes bancos e das grandes empresas, os xestores dos fondos especulativos.

Pero as xentes que vivimos do noso traballo ou estamos en paro non aceptamos esta situación coma se fose un castigo divino. Que paguemos a crise quen non a creamos non é unha necesidade, senón a mellor conveniencia dos mesmos que a xeraron e que obtiveron escandalosos beneficios con ela.

Rebelámonos fronte a esa conveniencia inxusta e explotadora.

Rebelámonos fronte ás políticas de dereitas do Goberno do PSOE e rebelámonos fronte á dereita económica e política (ben representada polo PP e os partidos nacionalistas de dereitas) porque coinciden no fundamental: sacrificios para o mundo do traballo e beneficios para o mundo do capital.

Nós mantemos fronte á crise unha posición coherente e combativa. Fomos os primeiros en expor unha Folga Xeral fronte ás medidas do Goberno e seguimos defendendo un amplo paquete de medidas para abrir unha saída social á crise, centrado na creación de emprego e no impulso da economía produtiva.

Expomos con firmeza a nosa posición no Parlamento, a través de propostas lexislativas, e na rúa mediante a convocatoria de actos e mobilizacións. Pronunciámonos resueltamente fronte á reforma das pensións, independentemente do acordo ao que poidan chegar os sindicatos, da mesma forma que nos comprometemos cos sindicatos no éxito da Iniciativa Lexislativa Popular para derrotar a reforma laboral imposta polo Goberno.

Mantemonos firmemente coa xente de esquerda, cos traballadores e traballadoras.

Vinte e dous días despois deste Primeiro de Maio van ter lugar eleccións municipais e autonómicas. Participar nas mobilizacións convocadas o día da Festa Internacional dos Traballadores é hoxe máis necesario que nunca, votar nas próximas eleccións para lograr Concellos e CC.AA. que sexan auténticos baluartes fronte á dereita e ás políticas de dereitas é a mellor garantía para lograr unha saída social da crise.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: