Discurso 14 de Abril

Carlos Núñez (membro da candidatura de EU)

Queridas amigas e amigos republicáns vigueses:

Iste ano 2011 cúmplese o 80 Aniversario da proclamación da II República en España. Conmemorar a II República, é un deber moral con todo-los que diron a súa vida pola libertade e a democracia republicana.

É necesario abordar o proceso constituínte que culmine no alumeamento da III República. Pero, para que ese movemento alcance a amplitude e forza necesarias, é preciso emprender un arduo traballo de divulgación e debate. Dar a coñecer ós traballadores e a toda a sociedade dos pobos de España, que o esforzo pola República non é un esforzo puramente formal, que non se trata unicamente de modificar o sistema de elección de Xefe do Estado. A futura República española debe ser propiciadora e garante duns valores que sitúen ao cidadán e os seus dereitos e deberes no centro da vida pública e do Estado.

Estamos no momento para empezar a camiñar cara á consecución da III República, desde un proceso constituínte de ampla participación; polo que é necesario un Plan de acción unitario de todo o movemento republicano, que impulse iniciativas cidadás que fagan visible a loita pola III República.

A lexitimidade monárquica atravesa momentos de debilidade evidente, produto de distintas conxunturas e sen dúbida tamén dun esgotamento dun mito elaborado ao redor dela. Máis temperán que tarde a dinastía deberá afrontar a súa particular reestruturación, froito do feito biolóxico, e ese momento será propicio para aumentar aínda máis a intensidade da proclama: o único sucesor de Juan Carlos I é a III República.

Hoxe, só a blindaxe mediática protexe os cimentos dun anacronismo que non verá un novo século. A República debe ser o horizonte de progreso ao que anhele chegar a inmensa maioría dunha sociedade que contempla desconcertada como se recortan até o imposible os seus dereitos.

Xa veredes como a mayoría das clases dominantes defenderán a idea republicana cando lles resulte convinte, e intentarán impoñernos unha República de dereitas, cos recortes eleitorais, políticas sociais tintadas con outro color….(!)

Por elo que, necesitamos construír socialmente un proxecto de III República coa maioría da cidadanía. Trátase de ir creando conciencia republicana, vinculada ás políticas económicas e sociais concretas, desde outra óptica, pero sobre todo desde a Ética política e civil.

Este proxecto ten que axuntar propostas que xeneren aproximacións, acordos, tarefas comúns e alianzas co movemento republicano eisistente.

Para iso resulta imprescindible enlazar a loita por estes obxectivos, coa loita e o esforzo cara á recuperación da memoria histórica deste país no seu último século. Nada se poderá construír sen antes desmoronar até o último ladrillo do antigo réxime.

O capitalismo, e non digamos a súa versión neoliberal globalizadora, á que a Monarquía non é neutral, é totalmente incompatible cos DDHH e a democracia. A democracia que temos non nos deixa avanzar; é necesario construír unha alternativa ao actual sistema a través dun Proceso Constituínte republicano que flúa desde a mesma base da sociedade até as instancias de poder.

Hai que romper iste silencio da sociedade de pasivos espectadores, onde cada un interpreta o rol que lle corresponde sen rechistar. Que a protesta non se converta nunha peza de museo. A autocompracencia vestida de nostalxia e o silencio, pode chegar a asfixiarnos. O individualismo está pisoteanto o terreo da colectividade, do asociacionismo, da militancia activa e pode encadearnos á páxina Web da soidade. Existe o perigo real de que o intento de acalar a nosa indignación social e política póidase traducir na indiferenza.

Seguindo o exemplo dos grandes pensadores revolucionarios e de grandes ideólogos de esquerdas actuáis, fago un chamamento á mocidade:

Tomade o relevo!

Nós, os veteranos da loita na clandestinidade, na resistencia ao fascismo, facemos un chamamento ás novas xeracións a reverdecer, a transmitir a herdanza da loita antifascista; a tomar nas vosas mans a bandeira da loita pola democracia real neste país e polos ideais da III República.

Os responsables políticos, económicos, intelectuais, e o conxunto da sociedade non deben abdicar, nin deixarse impresionar ante a actual ditadura dos grandes medios de comunicación, que nos meten o Trágala da Monarquía e a súa continuidade adulcorada. A mocidade deste país non pode ser indiferente ante esta concepción da Historia. A indiferenza é a peor das actitudes.

Aos mozos dígolles:

Miles de cidadáns morreron por defender a II República. Miles de vigueses e viguesas sufriron detencións, torturas e anos de prisión para que vós poidades ter hoxe unha Constitución. Agora tedes que ser vós os que tomedes a substitución daquela loita. A República non chega soa, hai que traela, pero para iso o movemento republicano ten que dar o salto para ser unha opción real. Esta alternativa hai que confrontala coa Monarquía e expor que a III República é posible desde agora. A III República é a única alternativa global ao actual sistema que levou á maior crise da historia do país

Adhírome á definición de República das constituíntes de 1931: “España é unha República democrática de traballadores e traballadoras de toda clase, emanando todos os poderes de todos os seus órganos do pobo”.

Pero a nosa proposta republicana hoxe tamén pasa polos seguintes eixos:

– Respecto á Declaración dos DD HH, resaltando o tema ambiental.

– Desenvolvemento do sector público e dunha democracia participativa

– Por un Sistema Electoral Xusto. Defender a formulación dunha democracia radical, cunha Lei electoral estritamente proporcional, con recortes dos gastos electorais, Lei anti-Trust dos medios de comunicación para evitar a súa concentración en poucas mans, elaboración dun código ético para os cargos públicos, facilidades para a Iniciativa Lexislativa, introdución de materias sobre o funcionamento da República no ensino obrigatorio.

– A República ten que ter un novo contido social, con estructuras que ganranticen o control democrático e público da economía, con unha fiscalidade progresiva e un novo modelo productivo.

– Crear as bases dunha nova Educación republicana: pública, laica, gratuíta e de calidade.

– Reforzamento do Estado Laico. Fin do financiamento estatal dos distintos credos, abolición do seu ensino nos centros públicos.

– Desvinculación coa OTAN, desmantelamento das bases militares estadounidenses, reestruturación das fábricas de armamento e fin do comercio de armas…

– Desenvolvemento dos mecanismos da investigación e o civismo cidadán.

– Defensa dun Estado Federal dentro dunha Europa tamén Federal….etc

O camiño cara á III República vai ser complexo e dificil. Non chega con ondear a bandeira tricolor, descabezar ao Rei Juan Carlos ou incautar todo o paraíso fiscal e multimillonario da Coroa. Será necesario reelaborar a Constitución máis incumprida da Historia de España, a de 1978 e reparar os erros e abandonos da Transición.

Temos que ir estblecendo as plataformas que configuren os Estados Xerais da República. En todo-los territorios (localidade, comarca e nacionalidade) débense establecer Plataformas Unitarias pola III República, onde participen persoas e entidades que representen o mundo do traballo, da cultura, das empresas, e que desenvolvan este proceso constituínte. Ademáis, a loita pola República en España tén raices municipáis; os concellos son estados que teñen todo o dereito do mundo a pronunciarse e loitar por un modelo de Estado. Por eso hay que potenciar a Rede de Municipios pola III República, estendendo a campaña en todos os municipios do Estado Español, e crear nas escolas, institutos e universidades a Rede de Docentes pola III República.

Temos que propor a través das Plataformas e colectivos unha campaña especial de información sobre a figura de Juan Carlos de Borbón e familia, no marco de impulsar consultas populares, precedidas de campañas de información, e movilizacións específicas sobre o modelo de Estado: Monarquía ou República, e que axuden a manter nos medios de comunicación a presenza continuada do tema da República. Recordemos que toda-las repúblicas do mundo nacen en situacións de crisis, e axitación social.

Termino:

En función de todas estas ideias e propostas, facemos un chamamento ao movemento republicano, a toda-la ciudadanía, pra construir República a través das platadormas que constituyan estos Estados Xerais da República, que acabamos de dibuxar, abertos á cidadanía, co fin de lanzar a idea republicana ao conxunto dos pobos de España.

Estamos convencidos que máis pronto que tarde a bandeira tricolor da III República ondeará nesta Porta do Sol, izada solemnemente co Himno de Riego.

¡Gloria ós heroes vigueses fusillados que defenderon a II República!

¡Gloria a todo-los vigueses e viguesas represaliados que seguiron e siguen defendendo a ideia e o seu compromiso por conseguir a III República!

¡Viva a III República!

Carlos Núñez le Vieux

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: