ESQUERDA UNIDA recórdalle ao PSOE, PP e BNG que mentres eles visitan obras e edificios coa súa cohorte, miles de cidadáns da nosa cidade visitan as oficinas de emprego e os servicios sociais desesperados

O coordenador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera repulsiva a polémica sobre as lóxicas limitacións de Xunta Electoral ao emprego das institucións como plataforma electoralista dos partidos e recorda que os catro anos desta práctica do bipartito teñen que desaparecer por decencia política.

ESQUERDA UNIDA, lembrou Rubén Pérez, practica a austeridade como parte esencial dunha esquerda que se dí anticapitalista, evitando que sexan os cidadáns os que paguen (cunha parte sensible dos orzamentos do estado destinados aos partidos) campañas abusivas que converten as insititucións en plafaformas de políticas clientelares e de gasto abusivo en autorepresentación.

ESQUERDA UNIDA defenderá a reducción dun 70% nos gastos de representación a autobombo deixando estos somentes aos necesarios para a promoción externa da cidade e os estrictamente necesarios para a divulgación de servicios.

Con prácticas como as actuais PSOE, PP e BNG colocánse no bando das políticas que a esquerda ten que erradicar e combatir.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: