O cabeza de lista de Esquerda Unida de Vigo, Rubén Pérez, suscribiu hoxe o manifesto de compromiso ético pola rexeneración democrática nos concellos

O manifesto enfatiza a responsabilidade dos cargos electos de Esquerda Unida na loita contra a corrupción nos concellos. Rubén Pérez suliñou que ESQUERDA UNIDA entrará no concello de Vigo para dar obrigado cumprimento ao contido deste manifesto por decencia política e por compromiso cos traballadoras e traballadores que están sufrindo a crise mentres a clase política sigue enmarañada en reparto de prevendas e múltiples xudicializacións de acordos políticos

CONTIDO DO ACORDO:

1- Esixir ao Goberno a regulación por lei da contía dos salarios dos cargos públicos locais. Exporemos que os mesmos se fixen con criterios de transparencia e austeridade e que se fagan públicos dunha maneira eficaz e accesible.

2- Propor a creación da declaración explícita de conflito de intereses en cada modificación urbanística e proceso de contratación de obras ou servizos públicos, de todo aquel que participe no mesmo, sexan alcaldes, concelleiros, ou funcionarios. Realizaríase seguindo o modelo de declaración de conflito de intereses que se aplica á investigación científica.

3- Impulsar acordo de prohibición para percibir obsequios ou invitacións persoais  aos cargos públicos ou funcionarios municipais.  Crearase un Rexistro Público de Obsequios e Invitacións Institucionais.

4- Establecer un sistema de dedicación absoluta e de incompatibilidades de todos os altos cargos de Gobernos Municipais, así como dos membros das Comisións Provinciais e Autonómicas de Urbanismo e Responsables de contratación de Obras e Servizos en relación con responsabilidades ou actividades empresariais ou profesionais vinculadas ao sector dos servizos, a construción e o urbanismo.

5- Crear o Estatuto do Representante Local,  no que se regulen os seus dereitos e deberes. En particular, garantirase que os concelleiros que se atopen na oposición poidan exercer as súas funcións de fiscalización e control dos contratos e adxudicacións municipais formando parte dos órganos de contratación e facilitándolles toda a documentación e información administrativa.

6- Regular o Rexistro de Intereses dos responsables públicos a través dunha Oficina que será a encargada da vixilancia e supervisión do estrito cumprimento da lexislación vixente en materia de incompatibilidades e conflitos de intereses, así como da custodia dos Rexistros de Actividades e de Bens e Dereitos Patrimoniais.  Proporase a obrigación de facer público o contido desta  Declaración a través dos medios municipais existentes (páxinas web, información municipal)

7- Denunciar ante a Fiscalía e  colaborar coa Xustiza achegando calquera dato de corrupción que coñezan no exercicio das súas responsabilidades como cargos públicos.

8- Asumir as responsabilidades políticas a que houber lugar en casos de corrupción, con dimisión cautelar dos cargos públicos e cargos de libre designación en caso de imputación e procesamiento por delitos de corrupción política ou urbanística,

9-Impulsar mecanismos de publicidade, control e participación democrática para garantir a transparencia e a ética nas  institucións, pondo en marcha mecanismos estables de participación que permitan a intervención e o coñecemento dos cidadáns e cidadás nas decisións que se adopten en materia urbanística e de contratación. Faranse públicos os procesos de contratación a través dos mecanismos: publicacións, páxinas Web?  Nesta mesma liña só delegaranse competencias de Pleno nas Xuntas de goberno con carácter excepcional,  para garantir a participación da oposición na toma de decisións e a participación dos cidadáns.

10-Non conformar gobernos locais con desertores doutras forzas políticas nin apoiar a formación de grupos novos nos que participen cargos declarados tránsfugas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: