Esquerda Unida reúnese coa asociación Moteiros Sen Fronteiras

 

Rubén Pérez Correa, cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA de Vigo ás municipais de 2011 mantivo onte 15 de marzo unha xuntanza con membros da directiva da asociación MOTEIROS SEN FRONTEIRAS, asociación que agrupa a usuarios de motocicletas e que ten unha intensa actividade de defensa dos intereses dos usuarios deste vehículo.

ESQUERDA UNIDA trasladou algunhas propostas do seu programa como a Reducción do tempo de atención a accidentados mediante un plan municipal integral ou a Difusión inmediata de campañas de concienciación e coñecemento acerca das especiais características das motocicletas no tráfico.

ESQUERDA UNIDA denunciou ante esta asociación a preocupación ante a situación no rural vigués en canto a firmes das estradas e quitamedos. Para EU o PLAN E e o PLAN 2010 fóron inútilmente empregados en peatonalizacións e humanizacións esquecendo as necesidades viarias do rural. Urxe erradicar os quitamedos en parroquias con vías frecuentadas por motoristas e ciclistas especialmente os fins de semana como Valadares (carreteira), Beade (dende o Centro Cultural a Bembribe), Zamáns (ate o alto de San Cosme), Lavadores (toda a estrada), Candeán (estrada ao
aeroporto) e sustituílos por QUITAMEDOS DE MADEIRA que incluso teñen un impacto visual menor no entorno rural. Esta medida xa está implantada en cidades como Zaragoza, Xixón, Barcelona, Bilbao ou Sevilla.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: