Esquerda Unida considera lamentable a actitude da dirección de Povisa e do Sergas ao empregar a 1500 traballadores como arma arroxadiza nos desacordos polos custes do concerto

O coordenador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, recordalle á conselleria que en novembro de 2010 enviolle unha carta a alcaldía de Vigo retificando a existencia dunha partida orzamentaria suficiente nos presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2010, para cubrir os costes do concerto con Povisa. Igualmente na misiva, a conselleira de Sanidade indicaba que non existía xustificación para a presentación de ningún ERE por parte de Povisa fundamentada no concerto co Servizo Galego de Saúde, xa que estaba garantida legalmente a continuidade da relación contractual.

ESQUERDA UNIDA considera lamentable que centos de postos de traballo estén a expensas de peleas entre direccións de Sergas e de Povisa e pide que se realmente a  Consellería de Sanidade aposta pola sostenibilidade do emprego, como ela mesmo indicou “sobre todo no ámbito sanitario”, e se realmente valora “a estabilidade das empresas do contorno sanitario que complementan a actividade asistencial pública, como é o caso de Povisa”, solucione de inmediato a situación do cobro das nóminas da plantilla do centro.

Igualmente Rubén Pérez reclamou a creación dunha comisión paritaria (Xunta, dirección de POVISA, representantes dos traballadores e Concellos da área sanitaria que abrangue o centro) para ir perfilando tanto a renovación definitiva do concerto como a situación futurible da plantilla ante o novo hospital público a construir en Vigo. Dita comisión ten que abordar xa que pasará no futuro coa plantilla de Povisa e os mecanismos para consolidala no novo centro público.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: