Esquerda Unida pide unha política racional no abastecemento e no pago da auga en Vigo

O candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo Rubén Pérez manifestou hoxe que na nosa cidade a xestión da auga de abastecemento e do seu saneamento é socialmente inxusta, medioambientalmente insostible e ademáis temos o risco de restriccións cando chove menos. É inxusto porque no recibo da auga págase un mínimo de 30 m3/recibo bimensual, aínda que non se consuman, cousa que ocurre en moitas vivendas con persoas maiores, ou con un ou dous membros.

Esta situación está agudizando a carestía en moitas familias con poucos recursos por moi pouca auga que consuman paguen un recibo mínimo de 4250 pts. É inxusto porque os pobres pagan a auga que malgastan os ricos. Nos últimos 12 anos o recibo da auga aumentou un 206%, catro veces o IPC. Se os veciños e veciñas de vigo consumiran o que pagan xurdirían rápidamente problemas de abastecemento en toda a cidade.

EU, propón unha xestión da auga baseada no seu aforro e reutilización da auga depurada. Propomos un mínimo vital de auga gratuíto de 4 m3/recibo, e a partir de ahí unha tarifa progresiva de xeito que se incentive o aforro, eso fará que chegue menos auga á depuradora, e que poda ser depurada correctamente co tratamento biolóxico necesario que garanta a calidade das augas da nosa ria.

A política de tódolos gobernos municipais de Vigo foi, asumindo este dogma, a privatización dos servicios en perxuicio da cidadanía. Baíxanse os impostos directos progresivos, e máis xustos, e súbense as tasas e servicios que pagan igual os ricos que os pobres, e ás veces, como no caso da auga, os pobres pagan o dos ricos.

EU defende a municipalización dos servicios básicos co criterio de que ditos servicios deben ser eso: bos servicios á cidadanía e non negocios.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: