Esquerda Unida de Vigo propón reducir concejalías en Vigo e aforrar de verdade fronte á crise

EU PROPÓN REDUCIR O NUMERO DE CONCEJALIAS DO CONCELLO DE VIGO A 6, SEN CONTAR A ALCALDÍA. REDESEÑALAS E CON ELAS O NUMERO DE CARGOS DE LIBRE DESIGNACION, ASESORES E LIBERACIÓNS DE CONCELLEIROS.

 

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo, Rubén Pérez, considera que os orzamentos aprobados polo Concello de Vigo non teñen en conta o desproporcionado entramado institucional do mesmo, polo que esta forza defenderá a optimización de gastos reducindo concellarías, feito que significa menos gasto en persoal de libre designación e liberacións a cambio de aproveitar mellor aos traballadores municipais, dentro da reorganización interna necesaria para adaptar o persoal ás novas necesidades.

ESQUERDA UNIDA propón medidas de aforro en materia de ingresos dos concelleiros, redución de cargos de libre designación, gastos correntes, vivenda, emprego, xestión de servizos e aprobación de ferramentas e comisións para responder as consecuencias da crise. Por iso dende EU se deseña esta proposta para reducir a 6 as concellarías. Os concelleiros sen delegación poderían adscribirse ás novas concellarías e traballar nelas xunto aos novos e novas responsables.

Deste xeito propomos, se de verdade a submisión do Alcalde obrígalle a cumprir os recortes impostos polo goberno:

1.Manter a Alcaldía e suprimir a vicealcaldía.

2.Crear unha Concellaría de Desenvolvemento Sustentable, mobilidade e barreiras arquitectónicas que recolla as competencias en materia ecolóxica, urbanismo e mobilidade. Asumiría tamén parte das delegacións agora repartidas entre Urbanismo, Mobilidade, Tráfico, Maiores, Obras e Vicealcaldía.

3.Constituír unha Concellaría de Facenda, emprego e polígonos industriais.

4.Deseñar unha Concellaría Delegada de Réxime Interior, Organización municipal e servizos públicos (inclúe empresas e consorcios onde participa o Concello).

5.Unha Concellaría de Asuntos Sociais, muller, infancia, maiores, mocidade, festas e Cooperación para o Desenvolvemento

6.Unha Concellaría de Educación, Cultura e Patrimonio.

7.Unha Concellaría de Participación Social, Consumo, Deportes, Seguridade Cidadá e Protección Civil e Bombeiros.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: