Esquerda Unida di que a cidadanía viguesa descoñece as ordenanzas municipais

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE A MAIOR PARTE DOS VIGUESES DESCOÑECE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS APROBADAS E QUE OS CARTOS TIRADOS EN CARTELERÍA PANFLETARIA DE “ALCALDÍA” TERÍAN QUE INVERTIRSE, POR EXEMPLO, EN DIVULGALAS.

O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez suliña que nas parroquias case todos os vecinos consultados por ESQUERDA UNIDA descoñecen que existen axudas para sufragar o custe da ITE (Inspección Técnica de Edificios), inspección obrigatoria que está xenerando un malestar importante aos vecinos con ingresos por debaixo do SMI.

Igualmente Rubén Pérez suliña que as ordenanzas aprobadas polo Concello de Vigo para 2011 non contemplan o escenario de 28.916 parados en novembro ede problemas importantes de exclusión social xa que moitas delas somentes bonifican por exemplo á familias numerosas independentemente da renda, polo que EU proporá que sexan de acordo á renda, proponiendo que o custe, por exemplo da ITE, sexa asumida polo propio concello para aquelas
pensións non contributivas, ou donde todos os membros se atopen en situación de desemprego ou con ingresos por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

A importancia da publicación e promoción das ordenanzas municipais é importante especialmente en tempos nos que os orzamentos municipais decrecen pola baixada de impostos indirectos e directos e transferencias de outras administracións. Os máis de 20.000 euros despilfarrados polo Alcalde en crear unha administración paralela ó Concello chamada “alcaldía” poderían servir para que cada cidadán de esta cidade recibise unha carta informando dos dereitos e dos deberes contídos nas ordenanzas.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

2 Respostas

  1. Espero que teñades bos resultados ca vosa candidatura… Ademais da falla de coñecemento das ordenanzas, penso que temos outros problemas co concello.
    Por exemplo, a rede de aparcamentos, que deberían de ser explotados polo propio concello, e crear unha tarxeta para os veciños, de forma que os prezos foran mais baixos. Facer o mesmo na ZONA AZUL…
    POR OUTRO LADO, CONSTITUIR UNHA OFICIÑA DE RECLAMACIÓNS CONTRA AS MULTAS, MOITAS VECES INXUSTAS, pero que son inapelables sen remedio… Unha oficiña na que resolver os recursos de forma negociada, aportando probas ou testemuñas contradictorias…
    Suprimir o incremento da multa ata 300 euros por non identificar o condutor, que ademais somentes dispós de 7 días para recoller a notificación… Si estás de viaxe, ou por calquera erro, non o fas nese prazo, xa non te salvas…
    Quizá dita oficiña poderíase incluír nun Servizo de atención o cidadán debidamente dotado, ou incluso crear una ONG paralela, cos fins de defender as persoas fronte á administración…
    Hai mais cousas, polo que quizá non estivera de mais que recollerades propostas é, a partir das mesmas, logo de debatelas e consensoalas cos vosos obxectivos e cos cidadáns, redactar o voso programa para as eleccións municipais…
    Esa xa podería ser unha proposta para o voso programa: Crear un foro permanente de participación cidadá, onde plantexar problemas e propostas, e debatelas para defender aquelas que sexan aceptadas, e quepan no voso ideario…
    Non só sería unha forma de implicar as persoas n os problemas e as súas solucións, senón que serías un bó vehículo de formación de conciencia cidadán, xa que do debate e discusión xurdiría a instrucción…

    • Ola Miguel

      Totalmente de acordo contigo no das multas, os concellos ante a caída de ingresos polo crash da construcción e das plusvalías procedentes das licencias de obras están empregando as multas como xeito fácil de seguir mantendo uns gastos orzamentarios impresentables. No caso do noso concello contratarán a unha empresa privada somentes para axilizar o trámite do cobro co que, polo feito de que esta empresa quedará co 45% do importe da multa, imos a asistir a un incremento de multas na nosa cidade para compensar esta “perdida” recaudatoria. A indefensión do cidadá ante esto é evidente porque as empresas privadas actuarán de “mala fe” co fin de recaudar tentando que o recurso do cidadá quede en papel mollado.

      Por outra banda a esquerda somentes podemos chamarnos tal cando damos espacio participativo á cidadanía nas nosas propostas, por iso ESQUERDA UNIDA elaborou sempre o seu programa dende o que dimos en chamar ELABORACIÓN COLECTIVA. En Vigo abrimos neste 2011 este proceso e nesta web poderás ver como participar na elaboración dun programa municipalista popular de esquerdas para a nosa cidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: