Esquerda Unida ante a privatización do servizo de multas en Vigo

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PRIVATIZACIÓN DO SERVICIO MUNICIPAL DE XESTIÓN E COBRO DE MULTAS E RECORDA QUE A SOLUCIÓN AO BURACO FINANCIERO QUE ESTÁ DEIXANDO ESTA CORPORACIÓN NON SON ÁS MULTAS SENÓN OS IMPOSTOS EN BASE A RENDA, “QUE PAGUE MÁIS QUEN MÁIS TEN”.


De novo un concello gobernado por PSOE e BNG privatiza servicios municipais evidenciando que no sustancial, defenden as mesmas políticas que o Partido Popular, a xestión privada dos servicios públicos.

Esquerda Unida a través do seu Coordenador local, Rubén Pérez, lamentou hoxe que se continúe dilapidando cartos públicos e horas do persoal laboral e funcionario mentras a xestión de cobro e notificación das multas pasa a xestionala unha empresa privada que se levará ate un 45% do recaudado. EU califica de impresentable outorgar 11 millóns en catro anos a unha empresa privada para facer unha xestión que simplemente con planificación e vontade pode facer perfectamente o armazón administrativo dun concello, como así o fan centos de corporacións locais no estado español. A falla de recursos ao servicio público de recaudación é unha evidencia no Concello de Vigo polo que aumentar os funcionarios e os recursos debe ser unha política de forzas que se din de esquerdas antes de privatizar un servicio público.

ESQUERDA UNIDA, recordou Rubén Pérez, ten denunciado en todo o estado a estas empresas de xestión privada de multas que moitas veces actúan con irregularidades no proceso de notificación, sen que poidan acreditar os dous intentos de notificación que marca a Lei, porque o personal destas empresas non pode dar fe das mesmas e vulneran sistemáticamente a LOPD publicando datos sensibles de contribuíntes.

É lamentable que nunha cidade como Vigo,  se reserven 11 millóns de euros para a privatización dun servicio público que perfectamente podería levar a cabo a institución pública cunha xestión máis efectiva e coordinada. Incluso é posible a creación dunha EMPRESA PÚBLICA DE XESTIÓN E NOTIFICACIÓN DE MULTAS que funcione coordinadamente coa fachenda local, proposta que ESQUERDA UNIDA levará no seu programa electoral ás eleccións locais de 2011.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: