Esquerda Unida considerada “pura estafa” para a cidade de Vigo o modelo de estabilidade laboral da planta PSA-PEUGEUT-CITRÖEN de Vigo tan cacareado por dirección e o sindicato amarelo estes anos para xustificar a flexibilidade, a precaridade, o acoso sindical e o clientelismo

Ante a eventual presentación dun ERE temporal na factoría viguesa o coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, recorda os centos de miles de cartos públicos volcados na compañía para o mantemento das plantillas, as centos de cesións en infraestructuras da cidade, as inxentes plusvalías que obtiveron estes anos da productividade “espartana” da plantilla. Rubén Pérez recorda que a automovilística francesa gañou 680 millones de euros no primeiro trimestre do ano 2010, fronte ás pérdidas de 962 millones do mesmo periodo do ano anterior. Os ingresos, pola súa parte, creceron un 21%, ate os 28.390 millóns de euros.

Igualmente pídelle tamén responsabilidades ó sindicato “amarelo” e a algún supostamente de clase, que estes anos defenderon e pactaron coa dirección da planta un modelo de flexibilidade e precaridade brutal que ó final non
sirve para nada.

Os traballadores e traballadoras da planta van a sufrir agora este ERE que no é máis que o colofón dunha política de abuso laboral, de empregar ós traballadores como peóns dun xogo de aritmética financiera. Rubén Pérez lembra que os beneficios de Citroën siguen sendo multimillonarios polo que recorda a importancia de medidas como as que ESQUERDA UNIDA está defendendo, orientadas a que parte dos beneficios empresariais no estado español sexan obligatoriamente invertidos no mantemento de emprego e na inversión en materia de estabilidade laboral.

Non pode ser que, engadíu Rubén Pérez, que as empresas como Citroën argumenten baixadas de beneficios (que non perdas) para flexibilizar plantillas. Era obvio que os niveles productivos de Citröen eran insoportables nun entorno de crise de consumo en toda europa polo que o combate dos sindicatos na factoría tería que ter sido a loita contra as
veladas e horas extras e os ratios de tempo productivo abusivos.

ESQUERDA UNIDA levará unha pregunta ó parlamento estatal solicitando información pública sobre as axudas á empresa durante estes anos condicionadas ó mantemento do emprego e a estabilidade laboral.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: