Esquerda Unida presenta no rexistro do Concello duas mocións orientadas a sensibilizar á cidadanía viguesa da necesidade de recuperar o Ministerio de Igualdade, e de avanzar na loita contra a violencia de xénero

O coordenador local de EU en Vigo e candidato á alcaldía nas vindeiras municipais Rubén Pérez presentou hoxe dúas mocións no rexistro do concello elaboradas pola área de muller de ESQUERDA UNIDA de Vigo que inciden na necesidade de reforzar os organismos administrativos públicos orientados á políticas de igualdade nun contexto de crise que as mulleres están vivindo de xeito máis agudo. Nese sentido Rubén Pérez suliñou que na nosa cidade a precaridade laboral e a falla de servicios sociais teñen nome de muller. A recente disolución do Ministerio de Igualdade non axuda para nada en avanzar hacia unha sociedade igualitaria e polo tanto democrática.

Ademáis ESQUERDA UNIDA presentou unha moción na víspera do 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero que enfatiza a importancia de que, tamén nos concellos, se leven a cabo políticas de igualdade en base a planeamentos concretos e actuacións como a elaboración dun plan integral contra a violencia de xénero con dotación
económica para a súa axeitada execución e para garantir que existan os recursos necesarios para as mulleres víctimas de violencia.

Igualmente EU solicita que o concello, non permita nos medios de comunicación locais, escritos, radiados ou televisados, que se aldraxe a imaxe das mulleres, nin que sexan obxecto de obxectualización e discriminación. Desta maneira tampouco se debería financiar con cartos municipais a xornais que conteñan “anuncios de contactos” nin as emisión onde aparezcan as mulleres como obxectos de consumo sexual.

Esquerda Unida participará na manifestación do 25 DE NOVEMBRO convocada por diversos colectivos feministas en Vigo.

 

Moción 25 de Novembro

Moción Ministerio de Igualdade

 

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: