EU rexeita a redución orzamentaria que está a experimentar a sanidade pública galega, así como a decisión de permitir a entrada de capital privado

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE A XUNTA DE GALICIA ESTÁ A DETERIORAR O SISTEMA SANITARIO PÚBLICO GALEGO COA INTENCIÓN DE FACELO INVIÁBEL E ASÍ FACILITAR A SÚA PRIVATIZACIÓN

 

 

A EXECUTIVA NACIONAL DE EU REITERA A SÚA DEFENSA DE UNHA SANIDADE PÚBLICA, GRATUÍTA E UNIVERSAL, AO TEMPO QUE CRITICA AS ACTUACIÓNS PRIVATIZADORAS E DE DESPRESTIXIO LEVADAS A CABO POLO GOBERNO DO PP

 

Os servizos públicos de calidade son de vital importancia para vertebrar unha sociedade xusta e igualitaria. A sanidade pública, gratuíta e universal é un dereito fundamental das persoas e constitúe un alicerce fundamental do mal chamado estado do benestar, por iso é labor fundamental das administración públicas garantir o seu funcionamento acorde as necesidades da sociedade.

 

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia, lonxe de garantir o correcto funcionamento do sistema sanitario público galego, está a deterioralo coa intención de facelo inviábel e así facilitar a súa privatización. A Xunta do PP considera a sanidade como unha grande oportunidade para o capital privado, o seu gran aliado, e por iso crea artificialmente situacións de desprestixio para facilitar o argumentario do Goberno do PP cara a privatización da sanidade.

 

EU rexeita con rotundidade a redución orzamentaria que está a experimentar a sanidade pública galega e a decisión da Consellería de Sanidade de permitir a entrada de capital privado no financiamento e xestión das infraestruturas sanitarias. A devandita estratexia privatizadora está a provocar unha grande perda de calidade do servizo que a cidadanía xa está comezando a padecer.

A Executiva Nacional de Esquerda Unida reitera a súa defensa de unha sanidade pública, gratuíta e universal, ao tempo que critica as actuacións privatizadoras e de desprestixio levadas a cabo polo Goberno do PP. Asemade esixise unha rectificación das medidas levadas a cabo até o de agora como son a privatización e atrasos na construción do Novo Hospital de Vigo, o abandono do Plan de Mellora de Atención Primaria, do Plan de Saúde Mental, do Plan de Drogodependencias e da atención sociosanitaria e outras moitas actuacións que quebran o estado do benestar.

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Unha resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: