Esquerda Unida considera inmoral que se desvíen partidas orzamentarias de política social a humanizacións e que non sexa prioritario o novo albergue de Vigo

A OFICINA DO “DEFENSOR DEL PUEBLO” INFORMOU ESTA SEMÁN A EU QUE PEDIRÁ INFORMACIÓN Ó CONCELLO DE VIGO ANTE A DENUNCIA DESTA ORGANIZACIÓN PRESENTADA POLA INEXISTENCIA DUN ALBERGUE PARA AS PERSONAS EN SITUACIÓN DE RÚA NA NOSA CIDADE.

 

Rubén Pérez, Coordenador local e candidato por EU-Vigo

Para o Coordenador local de EU e cabeza de lista da formación de esquerdas nas municipais de 2011, Rubén Pérez, as informacións aparecidas de que partidas orzamentarias da Xunta adicadas ó centro de inclusión social en Vigo (futuro albergue) acaben en ladrillo, formigón e lousas.

 

As humanizacións en Vigo están sendo xa unha vergoña e escarnio público, un despilfarro propio de un concello delirante como a Marbella de Jesús Gil. Para o coordenador local de EU Rubén Pérez “da vergoña asistir a recreación de inaguracións despilfarradoras, donde “estómagos agradecidos” aplauden ó alcalde como posesos, con zancudos, pianistas e outras lindezas mentras decenas de personas durmen nos portais da nosa cidade ou non dispoñen dos servicios sociais básicos garantizados.

 

ESQUERDA UNIDA denunciou a oficina do DEFENSOR DEL PUEBLO a inexistencia dun albergue en Vigo e esta semana a mesma informou de que vai pedir un informe deste feito ó concello de Vigo. Sabemos, engadíu Rubén Pérez que esto sirve de ben pouco, pero alomenos facemos público en todo o Estado a vergoña da actuación da actual corporación municipal e da oposición.

 

Non existe, engadíu o candidato de EU nas vindeiras eleccións municipais, nada máis urxente nesta cidade que evitar a exclusión social e as mortes de personas en situación de rúa na nosa cidade. Por humanidade e porque estas, e non a colocación de macetas, son as politicas que diferencian á esquerda da dereita.

 

Resposta "Defensor del pueblo"

 

 

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: