Éxito rotundo da Folga Xeral

ESQUERDA UNIDA VALORA COMA UN ÉXITO ROTUNDO O SEGUIMENTO DA FOLGA XERAL A NIVEL ESTATAL E  PARTICULARMENTE NA COMARCA DE VIGO.

MÁIS DE 50.000 PERSOAS DESFILARON POLO CENTRO DA CIDADE EN REXEITAMENTO DA REFORMA LABORAL E DA POLÍTICA ANTIOBREIRA DO GOBERNO DE ZAPATERO.

DENDE ESQUERDA UNIDA FELICITAMOS ÁS CENTRAIS SINDICAIS QUE FIXERON POSIBLE ESTA MASIVA MOBILIZACIÓN.


A reforma laboral aprobada polo PSOE e certos nacionalistas, coa complicidade do PP e co apoio lacaio dos medios de comunicación afins, favorece o abaratamento do despido e a desregulación  das relacións laborais, para beneficio dos que mandan neste país (a banca, tanto española coma  extranxeira, e as grandes empresas multinacionais) e para desgracia clase obreira  e pequeno empresariado.

Estamos nunha crise do sistema capitalista e os promotores destas medidas  saben que con elas agravarase a recesión e o paro, pero non fan máis que obedecer axeonllados ante o seu amo: o capital.

Esta reforma súmase á cadea de agresións antiobreiras  que vimos padecendo nos derradeiros tempos: recorte salarial ao persoal da función publica, incumprimento na revalorización das pensións e o carácter retroactivo das axudas á Dependencia, obstáculos establecidos para a xubilación parcial, paro xuvenil do 40% da poboación activa, restrición de medicamentos, asfixia dos concellos, suba da electricidade e outros artigos en mans de monopolios privatizados, suba do IVE ó 18%.

Salientamos que fronte a estes despropósitos hai unha política alternativa, global, defendida por ESQUERDA UNIDA, froito dun rigoroso estudio das posibilidades reais de desenvolvemento sostible e da interlocución cos movementos sociais: Así, entre outros moitas medidas, propomos implantar a banca pública non especulativa en burbullas financieiras nen paraísos fiscais, que axude ó tecido produtivo sostible ecolóxicamente,  xerador de postos de traballo; propomos servizos  de titularidade pública e calidade en  educación, sanidade, atención a dependencia e outros.



Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Comarcal de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: