EU está a traballar activamente xunto cos sindicatos para dinamización da folga xeral, participará nos piquetes informativos do vindeiro 29 de setembro

ESQUERDA UNIDA CHAMA A TODA A CIDADANÍA GALEGA A PARTICIPARES NA FOLGA XERAL E NAS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLOS SINDICATOS

EU AFIRMA QUE EXISTE UNHA ALTERNATIVA PARA UNHA SAÍDA SOCIAL E DE ESQUERDAS Á CRISE, NA QUE A CLASE TRABALLADORA NON PAGUE AS CONSECUENCIAS DUNHA SITUACIÓN NA QUE NADA TIVO QUE VER

O vindeiro mércores 29 de setembro, o conxunto de traballadores e traballadoras deste pais xógamonos moito. Atopámonos nunha situación límite, os nosos dereitos que tantos anos de loita, esforzo e sufrimento custounos acadar, están a ser atacados, avanzando a grande velocidade cara a supresión do mal chamado estado do benestar: o paro vai en aumento, hai maior facilidades para o despedimento, os recortes sociais son constantes, o empeoramento das condicións laborais é un feito, a ampliación da idade de xubilación e a reducción das nosas pensións está en cernes, asemade, o Estado, que somos todas e todos, esta a ser debilitado mediante a constante privatización e externalización de servizos que se entregan a mans privadas, provocando a progresiva incapacidade de que dende o público se poida desenvolver o principio elemental de solidariedade.

Mentres, o poder mediático as ordes do económico está a espallar a falsa mensaxe neoliberal TINA (There Is Not Alternaive) na procura de exercer unha acción narcotízante sobre a sociedade. Terxiversa a realidade, desvia o foco de atención a cuestións secundarias, crea a falsa sensación de que o privado rende máis que o público ou ataca con crueza aos sindicatos e satanizando á esquerda alternativa e transformadora por ser os valedores de “outro mundo é posíbel”.

A xuízo de EU o Goberno está a cometer erro tras erro, primeiro negando a crise, despois aplicando medidas erróneas e inconexas que en lugar de cambiar o modelo produtivo, reactivar a economía e reducir o paro provocaron unha grande débeda que pretende facernos pagar á clase traballadora, en lugar de recortar os privilexios das grandes fortunas e o poder financeiro.

Esquerda Unida denuncia que o Goberno do PSOE, ese que se di socialista e de esquerdas, traizoou a clase traballadora ao actuar segundo o ditado dos especuladores e o poder financeiro. Así, aplicou recortes sociais, atacou aos xubilados, empregados públicos e dependentes, perpetuou o maior ataque da democracia ao dereito do traballo a través da contrareforma laboral e anunciou o aumento da idade de xubilación e recortes nas pensións.

Xa que logo, de seguro que o 29 de setembro a maioría social deste país, a pesares da presión mediática e a campaña de desprestixio aos sindicatos desenvolvida dende os lobbys neoliberais,  participara masivamente na Folga Xeral e nas manifestacións que se desenvolveran nas principais cidades galegas para berrar “Así Non, unha saída de esquerdas a crise é posíbel”.

O Goberno pretende convencernos de que a eliminación de dereitos sociais e laborais é inevitable. Con todo, Esquerda Unida afirma que existe unha alternativa para unha saída social e de esquerdas á crise, na que a clase traballadora non pague as consecuencias dunha situación na que nada tivo que ver.

Esquerda unida propón

–  Loitar de maneira activa contra a economía mergullada que supón unha cuarta parte do PIB.

–  Eliminar a SICAV onde os grandes capitais disfrazados de Sociedades de Inversión so cotizan ao 1%

–  Rescatar o imposto de patrimonio que so pagaban os que máis tiñan

–  Aumentar o grado impositivo das empresas con beneficios

–  Aplicar unha taxa aos movementos bolsistas

–  Aumentar o tramos máis altos do IRPF para que as rendas máis altas participen solidariamente nunha saída social e de esquerdas á crise.

–  Crear unha Banca Pública que sexa que de inxectar capital, de maneira equitativa, xusta e sostible, na verdadeira economía produtiva, e dicir, PYMES, autónomos e familias.

NIN UN PASO ATRÁS. FOLGA, FOLGA… FOLGA XERAL!!



Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: