Manifestación contra o Decretazo: Martes, 28 ás 20:00h

Rexeitamos  o brutal recorte de dereitos laborais e sociais decretado polo Goberno do PSOE e chama a MOBILIZACIÓN contra esta agresión sen precedentes aos intereses dos traballadores e as traballadoras.

O recorte salarial ao persoal da función publica, non só rompe o acordo alcanzado cos sindicatos máis representativos, senón que fai caer sobre este sector os maiores sacrificios coma se fosen os culpables da crise.  O incumprimento na revalorización das pensións e o carácter retroactivo das axudas á Dependencia, afecta aos sectores sociais máis desfavorecidos no noso país. Os obstáculos establecidos para a xubilación parcial, significa pechar unha das poucas portas de entrada para que os traballadores/as máis novos atopen un traballo estable. O paro xuvenil alcanza o 40% da poboación activa correspondente e nestes momentos estanse deixando na rúa a miles de traballadores e traballadoras que por idade lles resulta practicamente imposible atopar traballo.  Respecto da restrición de medicamentos, no canto de reducir os grandes beneficios que obtén a industria farmacéutica, cunhas marxes indecentes, recorta novamente os tratamentos das persoas enfermas.

.
A reforma laboral regresiva aprobada polo goberno pretende o abaratamento do despido e a desregulación  das relacións laborais, para beneficio dos que mandan neste país: a banca, tanto española coma  extranxeira, e as grandes empresas multinacionais.

A todo isto haberá que sumarlle o efecto dos recortes na comunidade autónoma, nos xa asfixiados concellos. Haberá que engadir tamén a suba da electricidade (28% dende 2008) e outros artigos en mans de monopolios privatizados; engadir a suba do IVE ó 18%.

As medidas do Goberno do PSOE, que o PP e certos nacionalistas comparten, son antisociais e chamadas ao fracaso;  vai xerar máis desemprego ao reducir o consumo e crear máis incerteza social.

ESQUERDA UNIDA defende:

Eliminación dos paraísos fiscais onde se blanquean diriamente cantidades inxentes de diñeiro negro e se evaden impostos.

Unha banca pública que substitúa á banca privada que nos esquilma, banca privada que captou miles de millóns do estado (públicos) para sanear os seus balances, vendéndolle ó estado pisos invendibles, provocando o déficit que agora temos.

Unha fiscalidade progresiva que cargue ós grandes patrimonios; que elimine as SICAV onde as grandes empresas (ZARA e outros) evitan impostos; que suba o tipo marxinal  da xente máis rica.

Reparto do tempo de traballo, coa semana de 35 horas por lei, porque o crecemento ten límites  e para acabar co paro.

Para lograr esta política de esquerda é  necesario que a  FOLGA XERAL convocada para o 29 de setembro por CCOO, UXT e outros sindicatos sexa un éxito.

Para colaborar no éxito da Folga Xeral convocada,

¡ACUDE CONNOSCO Á MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR VARIOS COLECTIVOS QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ, DÍA 29, MARTES, EN VIGO, ÁS 20 H. DENDE O CRUCE DA DOBLADA ,!.



Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: