Rubén Pérez Correa encabezará a lista de ESQUERDA UNIDA en Vigo nas municipais de 2011

O actual coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez será o cabeza de lista da formación de esquerdas para enfrontar ás municipais do ano que ven según o acordo do Consello Político Local desta organización.

Rubén Pérez, de 33 anos e licenciado en História pola Universidade de Santiago, e membro do Consello Político Nacional de ESQUERDA UNIDA, membro do Comité Federal do Partido Comunista de España e do comité executivo do Partido Comunista de Galicia. Actualmente traballa nunha compañía de servicios informáticos na cidade de Vigo e é delegado sindical de CCOO na Federación de Industria. E ademáis o delegado en Vigo da ONGD OSPAAAL (Organización de Solidariedade cos pobos de Africa Asia e América Latina) .

Coa candidatura de Rubén Pérez ESQUERDA UNIDA tenta que a voz dos traballadores e dos mozos entre no Concello para defender políticas alternativas, anticapitalistas e democráticas nunha tesitura económica e social que fai imprencindible a presencia dos homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA nas institucións.

O candidato de ESQUERDA UNIDA suliñou que “nestes anos, dende a desaparición do PCG do panorama institucional do Concello de Vigo , a clase traballadora viguesa botou en falla unha voz que defendera os seus intereses en momentos decisivos, ante as privatizacións que gobernos de un e outra cor levaron a cabo, ante conflictos laborais nos que o concello tiña que actúar codo con codo coa cidadanía asalariada. A percepción da cidadanía de que todos os partidos políticos son iguais é froito de que non existíu unha alternativa, senón unha alternancia de forzas políticas.”

Engadíu que “Se pode facer outra política, e se pode facer política DE ESQUERDAS, dende o compromiso con políticas anticapitalistas, antiespeculativas e co horizonte da construcción do socialismo. Queremos desterrar a teoría de que ideoloxia e municipalismo non son concurrentes.”

Consello Local de Esquerda unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: