Esquerda Unida apoia a mobilización do colectivo IMAN para mañá Martes para esixir a Concello de Vigo e Xunta a creación urxente dun Centro de Integración Social na cidade. Entrevista a un dos membros de IMAN

Unha representación do Consello Local de EU desprazouse este sábado 1 de maio ata a Praza do Rei para reunirse cos membros do colectivo vigués IMAN acampados alí dende o luns 26 de abril.

Con esta acción o colectivo vigués quere esixir a Concello de Vigo e Xunta de Galicia a creación urxente dun centro de integración social na nosa cidade, e denunciar a falla de vontade política de ambas institucións nestes anos para que esta reivindicación se converta nunha realidade.

O IMAN considera a creación deste centro unha tarefa urxente, nunha cidade como Vigo na que entre 300 e 400 veciños durmen todas as noites na rúa, e na que constantemente estanse a producir falececementos de persoas sen teito.

Esquerda Unida recorda ó goberno municipal que a situación social dos indixentes na nosa cidade é crítica, sobre todo nun contexto de crise económica, e pregúntalle á corporación municipal e Xunta cantos indixentes teñen que morrer nas rúas da nosa cidade para das solucións ao albergue de Vigo.

Esquerda Unida fai un chamamento a toda a cidadanía viguesa a participar este martes 4 de maio na concentración convocada polo IMAN ás 19:30 horas na Praza do Rei, e secundada pola Rede Social Galicia Sur, para asixir a creación urxente dun centro de integración social na nosa cidade que de solución ao drama diario de centos de veciños.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: