Esquerda Unida saúda as manifestacións do 1º de Maio

Esquerda Unida valora positivamente as manifestacións sindicais de hoxe en Vigo.

Cabe salientar o grupo de manifestantes configurado en torno ás dús pancartas Esquerda Unida.  A primeira reivindicaba a xornada semanal de 35 horas e a paralización do recorte das pensións como medidas ineludibles para solucionar o problema do paro; na segunda, baixo o lema de “POLO SOCIALISMO-UNIDADE SINDICAL”, sinalaba o camiño a seguir para sairmos da recesió. Destacaban tamén  as bandeiras republicanas, do PCG e unha pancarta XCG recordando os 4.200.000 parados.

Esquerda Unida comparte nas súas propostas alternativas as reivindicacións máis significativas das diferentes organizacións sindicais:

– Cambio de modelo económico para abandodar a economía de casino en favor da economía produtiva, creadora de emprego e sustentable.

– Políticas de protección social.

– Unha reforma fiscal que garanta a progresividade do sistema, fronte á actual práctica do PSOE e PP de rebaixar impostos ás grandes fortunas.

– Mantemento do sistema de pensións.

– Oposición á chamada “Reforma Laboral” que dende os medios inimigos de clase se trata de impulsar.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Comarcal de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: