Esquerda Unida denuncia o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo

Dende a Executiva Comarcal de Vigo rexeitamos o peche das instalacións que o hospital mantén na cidade de Vigo, deixando sen servizo a decenas de familias e enviando ao paro aos traballadores do centro.

O hospital viña asumindo a través dunha concesión co Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a atención de pacientes crónicos que precisaban de coidados médicos hospitalarios e carecían de recursos suficientes para sufragar os gastos derivados da súa atención por si mesmos. Actualmente, a maioría dos pacientes cos que contaba o centro foron derivados a outros hospitais, a maioría fora da cidade (incluso noutras ciades coma Pontevedra, Lugo…) creando un importante problema social, xa que familias con escasos recursos deben desplazarse moitos kilómetros para ver aos seus seres queridos,coa única alternativa de devolvelos ao seu domicilio, onde non contan coa atención profesional e os medios que necesitan debido as súas patoloxías. Hoxe en dia quedan 6 pacientes no hospital, estes teñen orden xudicial de abandonar o hospital e de non facelo por conta propia usarase a forza ou o acoso mediante as multas administrativas.

Por outra banda destrúense de esta maneira 70 postos de traballo, enviando ao paro tanto a persoal eventuais coma fixos, a maior parte dos cales leva traballando no hospital dende fai varias décadas, tendo agora máis complicado o acceso a outro posto de traballo.

A Cruz Vermella Española, a cal faise chamar unha ONG non lucrativa, refire que o Hospital da perdas económicas e non é viable, e o SERGAS a pesares de ter unha concesión co hospital, indican que a situación non depende de eles.

Dende Esquerda Unida exisimos que o Servizo Galego de Saúde asuma este hospital para poder ofrecer estes coidados de maneira PÚBLICA e GRATUITA, non dependendo de ningunha institución allea para prestar atención aos enfermos de familias con menos recursos.


SERVIZOS SANITARIOS E SOCIAIS PÚBLICOS E DE CALIDADE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: