Éxito da manifestación contra a privatización do novo hospital de Vigo

A clase obreira de Vigo e sur da provincia de Pontevedra marca o camiño para a saída democrática da crise

Dende ESQUERDA UNIDA valoramos como un grande  éxito a manifestación de onte, para exixir a plena titularidade pública do hospital novo que se proxecta para Vigo e comarca. De nada serviron os esforzos desmobilizadores que o PP impulsou negando a realidade privatizadora.

Unha mobilización das grandes que se recordan en Vigo coloca ó PP contra as cordas e manda un aviso ó tripartito (PSOE, BNG e PP) de cómo poden ser tratadas a partires de agora as súas politicas privatizadoras.

A clase obreira, neste caso de Vigo e sur da provincia de Pontevedra, marca o camiño para a saída democrática da crise. Todo o contrario das receitas  neoliberais que teñen no PP o mascarón de proa e que son seguidas de xeito tramposo polo PSOE e BNG.

Valoramos moi positivamente e felicitamos ó conxunto do persoal sanitario e ós sindicatos de clase, CCOO, CIG e UGT polo esforzo mobilizador e polo éxito da convocatoria.

Dende a organización comarcal de EU fíxose un grande esforzo económico e de militancia para distribuir moitos miles de octavillas apoiando esta manifestación convocada pola Plataforma pola Sanidade Pública e situando na lei 15/1997, do 25 de abril, aprobada polo goberno de Aznar e votada favorablemente polo PSOE, a orixe do problema privatizador que sufrimos.

Reiteramos a nosa denuncia  do cinismo do PSOE e BNG, que privatizan todo e que poden nos concellos onde gobernan,  que privatizaron múltiples servcios mentras gobernaron na Xunta e que apúntase ó carácter público desete novo hospital, agora que están na oposición.


Gabinete de prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Comarcal de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: