Esquerda Unida logra que a Comisión de Peticións manteña abertas as queixas presentadas sobre a lei de costas que afectan a Galiza

O EURODEPUTADO WILLY MEYER RECALCOU A IMPORANCIA QUE TEN PARA ESQUERDA UNIDA A ORDENACIÓN DO TERRITORIO E A PROTECCIÓN DO LITORAL

ESQUERDA UNIDA, QUE ESTÁ A FAVOR DA LEI DE COSTAS, REXEITA A SÚA APLICACIÓN ARBITARIA E ASIMÉTRICA

Logo dun intenso debate o eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, logrou que a Comisión de Peticións manteña abertas todalas queixas presentadas sobre a Lei de Costas española, o cal e positivo pois implica que a Comisión Europea investigará denuncia por denuncia.

Tras a exposición dos peticionarios, interveu en primeiro lugar Willy Meyer, vicepresidente da Comisión de Peticións, que sinalou que Equerda Unida non está en contra da Lei de Costas, en tanto que o seu propósito é a protección do litoral.

Meyer afirmou que non se trata de entrar nun debate sobre o interese xeral da propiedade. A costa española é unha das máis agredidas. Para EU é moi importante a ordenación do territorio e a protección do litoral, pero denunciamos que a súa aplicación é arbitraria e asimétrica, non ten en conta o patrimonio histórico e se está a actuar contra os máis modestos. Estase utilizando unha dobre rapadoira, afirmou o eurodeputado “fomos testemuñas nesta Comisión de que a aplicación da Lei de Costas é caprichosa e arbitraria, pois non se utiliza o mesmo patrón con grandes urbanizacións e complexos hostaleiros que con primeiras residencias e poboados que sempre conviviron de forma sostible co litoral”.

O eurodiputado de Esquerda Unida instou a “estudar a recolocación de sectores populares que perderon da noite para a mañá a súa primeira vivenda” e “a contemplar indemnizacións apropiadas”. Asemade propuxo que as queixas relativas á Lei de Costas seguisen abertas para facilitar a resolución e analizar os casos nos que se cometeron abusos. Por iso, expuxo á Comisión que remitise unha carta ás autoridades españolas interesándose por todos estes casos, proposta que foi aceptada.

Para Esquerda Unida, tense que regular de forma efectiva a protección do litoral, pero a Lei de Costas non é coherente cos obxectivos que busca, dado que está afectando a poboacións tradicionais e está castigando aos habitantes de pequenos pobos costeiros que sempre conviviron de forma sostible co mar e os seus ecosistemas. Mentres proliferan grandes hoteis e urbanizacións de segunda residencia por toda a costa española que representan un modelo económico insostible e sobre as que non se está a aplicar a dita lei, prodúcense derribas de pequenas vivendas, primeiras residencias, que son precisamente as construcións que teñen un menor impacto ambiental.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: