Esquerda Unida denuncia que o goberno do PP está a desenvolver na Galiza un modelo económico insustentable social e medioambientalmente, que profundiza no produtivismo

EU PULA POLA CONSECUCIÓN DUN SISTEMA ECONÓMICO BASEADO NO DECRECEMENTO SOSTIBLE QUE PONGA AS PERSOAS E O MEDIOAMBIENTE POR ENRIBA DOS INTERESES DO CAPITAL

ESQUERDA UNIDA PARTICIPOU ACTIVAMENTE NA MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR GALIZA NON SE VENDE

Un ano de Goberno e tempo dabondo para comprobar que a Xunta do PP está a desenvolver na Galiza un modelo económico xerador de inxustizas asemade depredador do territorio, un modelo ao cabo insustentable social e medioambientalmente.

Esquerda Unida, que participou activamente na manifestación do pasado domingo, saúda a iniciativa desenvolvida por Galiza Non Se Vende, pois compartimos a importancia que ten que a sociedade responda na rúa ás políticas depredadoras do medio natural que o Goberno do PP está a desenvolver.

A Xunta do PP empéñase en manter un modelo económico caduco e ineficaz que profundiza no produtivismo, algo que Esquerda Unida rexeita radicalmente pois, non cabe dúbida, que resulta imposible manter un crecemento constante cando os recursos son limitados. E por iso que Esquerda Unida pula pola consecución dun sistema económico baseado no decrecemento sostible.

O actual sistema económico e insustentable medioambientalmente, xa que logo, estamos a saturar a capacidade do noso planeta. Segundo datos da pegada ecolóxica necesitaríamos 3 planetas para manter no tempo o noso nivel de producción, nembargantes o sistema obriga a manter o crecemento continuo e aínda así atopámonos nunha crise sen precedentes. Ademais o sistema e insustentable socialmente pois é xerador de inxustizas como demostra o dato que un 20% da poboación consume o 80% dos recursos.

Semella inaceptable que o Goberno do PP pretenda manter un modelo económico que pon os intereses económicos por enriba da cidadanía e do medio natural, un modelo que como a actual crise ten demostrado amósase incapaz pois non é quen de distribuír o producido para cubrir as necesidades básicas da poboación, a pesares de producir moito máis do necesario.

A Xunta do PP aposta por poñer os recursos naturais ao servizo dos intereses económicos, entregando o litoral á especulación inmobilizaría, mostrando permisividade coas empresas contaminantes que verten nos nosos acuíferos, favorecendo a construcción de recheos mentres as nosas rías acreditan niveis de contaminación escandalosos, perpetuando agresións sobre espazos senlleiros integrados na Rede Natura como a Serra do Courel ou os Canóns do Sil, mantendo o urbanismo caótico e especulativo, ou mesmo entregando zonas costeiras as multinacionais piscícolas como se desprende do plan acuícola, no cal ábrese máis a man do que xa tiña feito o bipartito.

Por outra banda a inexistente ordenación do territorio está a producir enormes diferezas entre a costa e o interior, asemade do despoboamento do rural debido a unha errática política forestal onde se promove a reforestación con especies alótonas, e unha nula planificación agraria-gandeira que deixa o noso agro nas mans dos intermediarios que están a actuar como auténticos usureiros provocando o abandono masivo do agro. Esquerda Unida considera o sector agro-gandeiro como un sector primario estratéxico para o noso pais xa que cubre a necesidade básica e fundamental da poboación, a alimentación, polo que pula pola súa posta en valor, dignificando o traballo de gandeiros e agricultores, asemade da planificación da explotación agraria mediante a creación de empresas públicas de distribución e asistencia técnica que impidan a actual dictadura dos intermediarios, facilitando así a soberanía alimentaria, a redución da pegada ecolóxica, a creación de emprego de calidade e, por conseguinte, a repoboación do rural e o fortalecemento da nosa economía.

O Goberno do PP amosa unha política de infraestruturas irracional que acumula dous portos exteriores e tres aeroportos, pon a énfase no trasporte individual fronte o colectivo e nas infraestruturas viarias e da alta velocidade en prexuízo do ferrocarril de proximidade, o que só contribúe a facer o noso modo de vida máis insustentable, e a desartellar o territorio e afondar nas desigualdades rural-urbanas, desmantelando estacións intermedias que fixaban hábitos de mobilidades tradicionais e asemade sustentables.

A reviravolta eólica supón empeorar a proposta do bipartito e, xa que logo, a posición de Esquerda Unida está marcada pola consideración da enerxía como un sector estratéxico da nosa economía que ten que estar baixo a dirección pública na procura da soberanía enerxética e que ten que empregarse como ferramenta para crear emprego estable e con dereitos.

Por último, e non por elo menos importante, a Xunta do PP está a entregar os Servizos públicos ao capital privado, Sanidade, Servizos Sociais, Educación, Servizos de Emerxencias ou a mesma externalización masiva dos Servizos Administrativos son un bo exemplo do dano que o Goberno do PP está a facer na Galiza, baixo a falaz premisa de que a xestión privada é menos custosa, cando a realidade se empeña en demostrar que a privatización a longo prazo non só e máis custosa senón que ademais reduce a calidade do servizo. Esquerda Unida rexeita con rotundidade a privatización e aposta por relanzar o público desenvolvendo políticas que permitan mellorar os servizos públicos e a súa eficacia, xusto o contrario que está a desenvolver o PP para dar crédito a súa política privatizadora baseada tan só en intereses espurios.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: