Carlos Portomeñe e Rubén Pérez do Comité Executivo do Partido Comunista de Galicia inician o Luns unha visita oficial a República de Cuba

A delegación estará composta por Carlos Portomeñe, secretario xeral e Rubén Pérez, responsable de movemento obreiro e coordenador local de EU-Vigo. A delegación, que viaxará a illa entre o 15 e o 25 de marzo, ten artellado un calendario de traballo que inclúe dende unha xuntanza de traballo no comité central do PARTIDO COMUNISTA DE CUBA ate a asistencia a un debate de elección de candidatos no importante proceso electoral que se iniciou na illa recentemente, pasando pola presentación na cidade da Habana do documental TEMPO DA MEMORIA producido polo FORO POLA MEMORIA e dirixido por Jorge Gil sobre a vida do dirixente comunista Xosé Gomez Gayoso asasinado polo franquismo en 1948.

Ademáis visitará o hospital pediátrico de Tarará donde dende 1896 se atenderon a máis de 24.000 nenos afectados polo accidente nuclear de Chernovil.

Carlos Portomeñe, secretario xeral do PCG, suliñou a importancia da visita, nun contexto político de grave acoso diplomático a Cuba por parte da U.E. e do goberno español, como exemplo da solidariedade dos comunistas galegos con Cuba e o seu proceso revolucionario.

Secretaría de Comunicación do PCG
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: