Esquerda Unida ven de presentar mocións nos concellos galegos para reivindicar o 10 de Marzo día da clase obreira galega

EU SOLICITA QUE TODOS OS CENTROS ESCOLARES DISPOÑAN DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE O 10 DE MARZO, PARA QUE DENDE AS ESCOLAS SE DIFUNDA A MEMORIA DEMOCRÁTICA

ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE OS CONCELLOS NOMEEN UNHA RÚA OU PRAZA CA DATA DO 10 DE MARZO EN LEMBRANZA DA LOITA HEROICA E PACÍFICA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA

Hoxe, 10 de Marzo, celebramos o Día da Clase Obreira Galega, data na que o noso país celebra e reivindica a loita heroica dos traballadores galegos que desafiaron a represión da ditadura franquista para reclamar de maneira pacífica os seus dereitos como traballadores e asemade deron un pulo formidable á loita polas liberdades democráticas.

A arxila creadora das loitas do 10 de Marzo esixe dos poderes públicos democráticos que se coide e difunda a memoria democrática das loitas obreiras e antifranquistas, que están na base da conquista das liberdades democráticas actuais. Xa que logo, Esquerda unida ven de presentar en distintos concellos galegos como A Coruña, Compostela, Neda, O Grove, Ponteareas ou Porriño mocións para reivindicar unha data tan sinalada, as mocións solicitan que os plenos dos distintos concellos acaden os seguintes acordos:

Que o Concello nomee unha rúa ou praza do termo municipal ca data do “10 de Marzo” en lembranza da loita pacífica e heroica da clase traballadora galega que desafiou a represión da ditadura franquista.

Que o Concello distribúa a todos os centros escolares do termo municipal unha unidade didáctica sobre o 10 de Marzo, para que dende as escolas se difunda a memoria democrática das loitas obreiras e antifranquistas, que están na base da conquista das liberdades democráticas actuais.

A data do 10 de Marzo de 1972 ten unha significación sobranceira para a construción dunha alternativa democrática e transformadora ao noso país, porque supuxo sen ningún xénero de dúbidas unha masiva deslexitimación social da ditadura. Dende o ámbito económico da produción, a clase traballadora acadou unha grande onda expansiva de simpatía e solidariedade de amplos sectores sociais e populares, que leron na espiral de violencia e represión da ditadura a súa radical incapacidade para manter un réxime de iniquidade.

A ditadura amosou a súa faciana, a da violencia que a fundou e que espallou de cotío en todos os eidos da vida social, e ela cobrouse a vida de Daniel Niebla e Amador Rey, obreiros que manifestaban na rúa as súas reclamacións pola mellora das súas condicións de traballo e polos seus dereitos. Xunto con eles houbo máis de corenta feridos de bala e numerosos detidos, entre os que se contan dirixentes obreiros como Rafael Pillado, Riobó ou Amor Deus. Cando se volveron a abrir as portas de Bazán, o 21 de marzo, faltaban 160 compañeiros e sobraba a presenza da infausta Policía Armada do franquismo coa militarización da factoría.

O día 10 de Marzo naceu en Ferrol mais prendeu en todo o país e alén del, porque o exemplo da carraxe amosada polos traballadores ao desenvolver unha loita firme e cívica, pacífica e comprometida, acadou unha resonancia extraordinaria, un ecoar que  encheu de fendas insalvables a forza, sen razón, da ditadura.

A loita desenvolvida nas rúas de Ferrol prendeu polo país e unha vaga de solidariedade estendeuse pola comarca de Ferrolterra: houbo paros de solidariedade noutras factorías e a poboación amosou o seu apoio aos represaliados. Das cinzas da loita desenvolvida en Ferrol agromou o movemento de loita e reivindicación de setembro na cidade de Vigo.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: