Esquerda Unida ven de presentar mocións nos concellos galegos para avanzar na igualdade real entre mulleres e homes

EU SEGUE A PULAR NA PROCURA DE QUE MULLERES E HOMES TEÑAN AS MESMAS POSIBILIDADES DE DESENVOLVEMENTO

ESQUERDA UNIDA SOLICITA O COMPROMISO DAS CORPORACIÓNS MUNICIPAIS PARA AUMENTAR O ORZAMENTO NAS POLÍTICAS DE IGUALDADE DE XÉNERO NUN 5% NOS VINDEIROS 4 ANOS

Neste 8 de marzo, Esquerda Unida solicita o compromiso político de traballar para xerar concellos de suxeitos iguais en dereitos e obrigas, empregando os medios legais existentes e posibilitando os canles para que mulleres e homes teñan as mesmas posibilidades de desenvolvemento.

Así pois, a nosa organización solicita das corporacións locais a elaboración dun Plan de Igualdade con caracter transversal e o compromiso de aumento orzamentario para as políticas de igualdade de xénero, tendo que acadar polo menos un 5% nos vindeiros 4 anos.

Esquerda Unida segue a defender que as iniciativas políticas e lexislativas deben dirixirse a todos e cada un dos aspectos estructurais de discriminación e violencia que aínda están a persistir e que deben abordarse con medidas preventivas e transversais, baseadas prioritariamente no obxectivo de modificar os valores sociais que aínda permiten e potencian as situacións de desigualdade entre mulleres e homes.

A conciliación entre a vida laboral e familiar, de momento, é unha expectativa. Os homes seguen sen compartir equitativamente as cargas familiares e as tarefas domésticas. Para que esto suceda, non só son necesarias leis que o regulen, tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriarcal e sexista nunha sociedade igualitaria.

Esquerda Unida pula para que a igualdade das mulleres sexa un feito e non unha mera aspiración, por iso ven de presentar mocións en distintos concellos galegos como A Coruña, Ponteareas, A Guarda, Neda, Porriño… cunha serie de medidas destinadas a unha transformación real da nosa sociedade, onde as mulleres sexan cidadás en plenitude de dereitos:

1. Implantando e desenvolvendo accións e programas que fomenten a sensibilización e a plasmación da igualdade real entre mulleres e homes.
2. Elaborando un Plan de Igualdade con caracter transversal, no que se impliquen todas as áreas municipais. Con dotación de orzamento e avaliación anual da súa execución e desenvolvemento.
3. Desenvolvemento neste Concello dun Plan de Igualdade para as traballadoras e traballadores desta entidade.
4. Compromiso de aumento orzamentario para as políticas de igualdade de xénero, tendo que acadar polo menos un 5% nos vindeiros 4 anos.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: