Esquerda Unida felicítase do éxito da manifestación contra o “pensionazo” en Vigo

Esquerda Unida felicita ás organizacións sindicais CCOO e UGT e congratúlase  polo éxito da manifestación de onte en Vigo.

Esquerda Unida aportou un numeroso grupo de manifestantes que desfilaron tras unha pancarta na que se reivindicaba a xornada semanal de 35 horas e a paralización do recorte das pensións como medidas ineludibles para solucionar o problema do paro.

Para saírmos desta crise por un camiño favorable á clase obreira,  Esquerda Unida considera que se require un goberno que exerza a soberanía democrática fronte á banca e as multinacionais que queren arrasar con dereitos laborais conquistados con longas e duras loitas obreiras o longo do século XX.  Este goberno non parece posible co PSOE, PP e nacionalistas pola súa manifesta dependencia dos poderes fácticos antes mencionados.

Para Esquerda Unida a reforma das pensións que está a promover o Goberno representa a maior agresión ao Estado social nos últimos anos ao supoñer unha redución da pensión vitalicia do 10%. Non  podemos aceptar que o Goberno meta a man nos petos dos pensionistas, 6.600 euros anuais de media menos por pensionista, para tranquilizar ós axentes do capital, chamados eufemísticamente “mercados financieiros”.

Nembargantes o máis grave é que a reforma é innecesaria, xa que o Sistema Público de Pensións é forte e está consolidado. No ano 2009, en plena crise, tivo un superávit de 8.500 millóns de euros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: