Esquerda Unida de Vigo na manifestación do vindeiro 2 de Marzo: En defensa do sistema público e das pensións

EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS. NON Á REFORMA DO GOBERNO

A proposta do Goberno de Zapatero de atrasar a idade de xubilación e a posibilidade de ampliación do período para o cálculo da pensión de 15 a 20 anos, supoñen unha agresión ao mundo do traballo e ao Estado do benestar. Desta forma o Goberno do PSOE consolida o seu xiro á dereita cunha proposta que asume a máxima neoliberal de que para saír da crise os traballadores deben perder dereitos. Para nós a crise non a deben seguir pagando as e os traballadores e defende unha Alternativa Social centrada na defensa do emprego e dos dereitos sociais, que a medio prazo permita un cambio social dentro dunha perspectiva anticapitalista.

O GOBERNO QUERE QUE TRABALLEMOS MÁIS ANOS PARA QUE OS EMPRESARIOS PAGUEN MENOS

En momentos en que no Estado achegámonos aos catro millóns e medio de desempregados, o Goberno do PSOE propón reducir o gasto social destinado ás pensións. Para iso propón aumentar a idade da xubilación de 65 a 67 anos, o que fará que as persoas que viven do seu salario cobren dous anos menos de pensión. Isto supón unha redución da pensión vitalicia dun 10%, dato que representa a maior agresión ao Estado social nos últimos anos.

Mentres o Goberno propón traballar máis é proclive a reducir as cotizacións aos empresarios, co que se consolida a política de que os beneficios son para unha minoría empresarial e os sacrificios recaen na maioría social traballadora.

O GOBERNO QUERE POTENCIAR AS PENSIÓNS PRIVADAS PARA CONTENTAR AOS ESPECULADORES FINANCEIROS.

A medida do Goberno é innecesaria e desproporcionada. Mesmo nestes momentos de crise o sistema público de pensións goza dun superávit de 8.000 mil millóns de euros e conta cun Fondo de Reserva de 60.000 millóns. A pesar destas cifras, Rodríguez Zapatero utiliza o argumento alarmista de que a evolución da pirámide demográfica fai inviable o futuro das pensións e por iso hai que recortar o gasto.

Para nós a viabilidade do sistema relaciónase co número de persoas que cotizan e a cantidade das cotizacións. Por iso considerador que a prioridade é crear emprego de calidade e subir os salarios, para así aumentar os ingresos e garantir desta forma o dereito á xubilación.

Con esta reforma, o Goberno de Zapatero desacredita o sistema público de pensións e cede ante os bancos e o poder financeiro, principais beneficiarios do sistema privado de pensións e verdadeiros culpables da crise.

UNHA ALTERNATIVA SOCIAL PARA A DEFENSA DAS PENSIÓNS E A CREACIÓN DO EMPREGO

A viabilidade das pensións non é unha cuestión económica senón que é unha decisión política. Por iso defendemos que a prioridade non está en recortar o gasto senón aumentar os ingresos para desta forma non ter que recortar dereitos.

Facemos un chamamento a sindicalistas, organizacións veciñais, traballadores autónomos, movementos sociais e ao conxunto da maioría social traballadora a defender connosco unha Alternativa social Anticapitalista á crise, que teña como obxectivo impulsar a mobilización para a defensa do emprego e dos dereitos sociais. Para iso propomos dez medidas en defensa do sistema público de pensións do noso país:

1.Crear emprego para aumentar os ingresos. Para iso defendemos unha reforma fiscal progresiva que permita aumentar o gasto social e o investimento, e desta forma crear emprego e construír un Estado do benestar avanzado. Ao reducirse o paro, aumentan os cotizantes e diminúen as prestacións por desemprego, o que permitiría aumentar un 20% os recursos dispoñibles para as pensións.


2.Avanzar de maneira gradual e flexible na redución da idade de xubilación aos 60 anos como forma de repartir o traballo e crear emprego; medida que se aplicará de maneira inmediata no sector da construción e outros sectores de especial penosidad.


3.Manter o período para o cálculo da pensión en 15 anos, a elección por parte do traballador ou traballadora.


4.Estender os dereitos aos traballadores autónomos fixando a súa cotización en función das súas rendas e beneficios.


5.Suprimir as bonificacións fiscais no IRPF pola contratación de plans de pensións privados.


6.Cubrir os gastos de xestión da Seguridade Social vía impostos e non vía cotizacións, o cal xeraría 7.000 millóns de euros anuais adicionais para o pago de pensións.


7.Incrementar o SMI até alcanzar o 60% da media salarial da UE (1.100 euros), co obxectivo de elevar a base mínima de cotización.


8.Incrementar a base máxima de cotización.


9.Prohibir a utilización da prexubilación como mecanismo de axuste de persoal por parte dos empresarios, o que suporía aumentar os ingresos públicos equivalente ao 6% do PIB.


10.Por último, garantir, si é necesario, a viabilidade do sistema público de pensións a través de achegas procedentes dos impostos, tal e como se fai en países europeos como Dinamarca ou Francia.

MANIFESTACIÓN O MARTES, DÍA 2 DE MARZO, CONTRA O PENSIONAZO

AS 20:00H, DENDE O CRUCE DE VÍA NORTE CON URZÁIZ

CONVOCADA POLOS SINDICATOS DE CCOO E UGT

EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO E DAS PENSIÓNS

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: