Esquerda Unida manifesta a súa máis enérxica repulsa ante a grave ofensa que a portavoz de UPyD profiro o pobo galego

YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA XERAL DE EU, CONDENOU AS DECLARACIÓNS REALIZADAS POR ROSA DÍAZ E ESIXIULLE UNHA INMEDIATA RECTIFICACIÓN

EU PREGÚNTASE SI OS VOTANTES E SIMPATIZANTES GALEGOS DE UPyD PODEN SENTIRSE REPRESENTADOS POR UNHA LÍDER QUE OS INSULTA E HUMILLA

Para Esquerda Unida, o desprezo da portavoz de UPyD, Rosa Díaz, pola sociedade galega quedou patente antonte no programa de Iñaki Gabilondo onde por dúas veces utilizou o termo “galego” de maneira pexorativa, feito que xa tiña cometido no mes de novembro do ano pasado.

Así pois EU manifesta a súa máis enérxica repulsa ante a grave ofensa proferida, por Rosa Díaz, ao pobo galego. Para a nosa organización a actitude da portavoz de UPyD, lonxe de ter “sentido do humor” é inaceptable e constitúe unha humillación contra todos os galegos e galegas.

En declaracións realizadas onte, a Coordinadora Xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, condenou a actitude da líder de UPyD e esixiulle unha inmediata rectificación ante a grave ofensa proferida contra o pobo galego. A Coordinadora Xeral indicou que é unha vergoña que unha deputada, que ademais é a portavoz do seu partido, insulte a todo o pobo galego. Yolanda Díaz considerou aínda máis grave o feito que Rosa Díaz se negue a rectificar.

Pola súa banda, o Secretario de Organización de EU, César Santiso, preguntouse si os votantes e simpatizantes de UPyD na Galiza séntense representados pola súa líder ou si con a actitude amosada consideran que Rosa Díaz pode defender os seus intereses. Finalmente, invitou a sociedade galega a darlle as costas a un partido político cuxa líder denota claros síntomas racistas sobre o noso pobo.


Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: