Esquerda Unida Denuncia a actitude inquisitiva da Policía nacional, no que considera un intento de coacción da liberdade de expresión da cidadanía a instancias de RENFE

EU SOLIDARIZASE CA PORTAVOZ DA PLATAFORMA SALVA O TREN, LUCÍA LATORRE

ESQUERDA UNIDA PULA POLA DEFENSA DO FERROCARRIL DE PROXIMIDADE, POR CONSIDERALO UN SERVIZO PÚBLICO ESTRATÉXICO FUNDAMENTAL QUE SEMELLA VITAL PARA O DESENVOLVEMENTO DA MOBILIDADE SOSTIBLE


Segundo información aparecida en días pasados no xornal a Voz de Galicia, a portavoz da plataforma Salva o Tren, Lucía Latorre, foi identificada por dous policías nacionais ao baixarse dun convoi en Vigo, os axentes pedíronlle que se identificase e lles mostrara o billete, trasladándolle, a instancias de Renfe, que a súa actitude durante a viaxe pode levar unha sanción. Lucía Latorre aproveitou o traxecto para repartir uns folletos informativos sobre a desaparición dos trens rexionais e a necesidade dun servizo de proximidade.

Esquerda Unida considera inaceptable que nun estado de dereito o feito de repartir folletos informativos poida derivar nunha sanción. A nosa organización rexeita a actitude antidemocrática de RENFE, intimidando a unha cidadá no exercicio do seu dereito constitucional de libre expresión.

Resulta abraiante que se intente silenciar a un colectivo que o único que está a reivindicar é que se restableza a igualdade entre comunidades, pois non debemos esquecer que mentres noutras comunidades como Catalunya o Ministerio de Fomento está a investir no tren de proximidade, en Galiza estase a desmantelar.

Desde o inicio da obras da alta velocidade no eixe atlántico, o Ministerio de Fomento foi suprimindo as antigas estacións, aducindo que o tráfico das estacións era moi baixo e non cubría custos económicos, esquecendo que é un servizo público estratéxico. Sen embargo os meses anteriores ao peche das estacións desde Renfe se lles ordenou aos revisores que non subiran a picar na estación a pechar, para que non constasen os usuarios nas estatísticas.

Para EU o peche destas estacións condenou a unha poboación cunha media idade elevada a desprazarse en taxi ou vehículo privado e incluso andando, xa que tampouco se dispón dun servizo regular de autobuses, porque só ofrecen servizos cos principais núcleos urbanos.

Esquerda unida, como xa indicara no seu programa electoral, considera o  ferrocarril de proximidade un servizo público estratéxico fundamental que semella vital para o desenvolvemento da mobilidade sostible, polo que pulará polo seu desenvolvemento.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: