Esquerda Unida solidarizase coa loita dos traballadores e das traballadoras despedidos da empresa de limpeza do Alcampo de Coia

EU DENUNCIA QUE A ACTUACIÓN DO PSOE EN MATERIA LABORAL ESTÁ A PROVOCAR UN REGUEIRO DE IRREGULARIDADES POR PARTE DAS EMPRESAS


ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE OS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO FAGAN UN SEGUIMENTO ÁS EMPRESAS CON SUBROGACIÓNS OU ERE’S

O responsable da Área de Economía e Traballo de Esquerda Unida estivo hoxe presente na mobilización dos traballadores e traballadoras despedidos da empresa de limpeza do Alcampo e asinou o manifesto de apoio.

Logo de mais de quince días de mobilización o Alcampo negase recoñecer unha das cláusulas do convenio provincial de limpeza, na que estipula a obrigatoriedade de subrogar traballadores e traballadoras da anterior empresa adxudicataria.

Esquerda Unida quere trasladar o seu total apoio aos traballadores e traballadoras despedidos, esixindo á autoridade laboral que actúe segundo o convenio provincial de limpeza recoñecendo a admisión dos traballadores/as afectados.

As actuacións do PSOE en materia laboral está a facilitar actuacións ilegais por parte das empresas da provincia de Pontevedra, provocando un regueiro de irregularidades. ERE’s por xornadas de 4 horas nas que a falta de control fan que o empresario obrigue a traballar outras 4 horas facendo a mesma xornada de 8 horas, filtracións aos empresarios antes das inspeccións, subrogacións …. etc.

Outra das actuacións condenables por esta organización foi o desaloxo dos traballadores por parte da policía, algo que xa nos ten acostumados o subdelegado de goberno Delfín Fernández, que non dubida en empregar a forza contra os traballadores indefensos, que se manifestan en prol da defensa dos dereitos laborais e do seu propio posto de traballo.

EU propón ao PSOE E PP, que os propios corpos e forzas de seguridade do estado fagan un seguimento nas empresas con SUBROGACIONS ou ERES, comprobando as propias causas, duración, persoal afectado, xornada…. un seguimento que servira para coñecer a realidade de que moitos empresarios utilizan estes mecanismos de forma encuberta traballando no mercado negro.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Advertisements

Unha resposta

  1. estou totalmente dacordo co comentario a consecuencia destes despidos . ANIMOS e a seguir ca loita .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: