Comunicado de Esquerda Unida sobre ordenanzas municipais

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PEDIRÁ AO CONCELLO MEDIANTE UNHA MOCIÓN QUE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS SEÑAN ORIENTADAS PARA GAÑAR PROGRESIVIDADE  E PROTEXER AOS SECTORES SOCIAIS MÁIS FEBLES

A PROTECCIÓN AOS DESEMPREGADOS E AS FAMILIAS MONOPARENTAIS, O GRAVAME SOBRE VIVENDAS BALEIRAS E SOBRE OS ESPAZOS COS QUE SE ESPECULA, OU A EXENCIÓN PARA O DEPORTE DE BASE, SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE PRESENTARÁ EU Ó PLENO DO CONCELLO DE VIGO

Esquerda Unida de Vigo presentará no rexistro do Concello de Vigo esta semán unha ampla batería de medidas para as ordenanzas fiscais de 2010, ao obxecto de procurar introducir nelas tanto criterios de protección para os sectores sociais máis febles canto para introducir criterios de progresividade e que favorezan a loita contra a especulación e o acceso á vivenda en aluguer.

Esquerda Unida propón que se incorpore a figura do aprazamento sine die nos pagos fraccionados da débeda no entanto o suxeito pasivo se atope no desemprego ou perciba uns ingresos inferiores ao SMI. Na actual situación
excepcional de crise, os poderes públicos teñen que ser particularmente sensibles as situacións de desemprego e falla de recursos.

EU de Vigo achega a proposta de protexer na tributación municipal ás unidades familiares monoparentais, de maneira análoga a como se recolle na ordenanaza fiscal primeira, no seu artigo 4, para a figura das familias numerosas. A realidade social amosa que as unidades monoparentais corren un risco engadido de caer na pobreza e a exclusión social e adoitan compoñelas con mulleres.

Coa finalidade  de gañar progresividade nos tributos municipais – que pague máis quen máis ten – , Esquerda Unida  introducirá un índice corrector nos pagamentos que atenda aos ingresos per capita da unidade familiar.

Esquerda Unida impulsou a modificación contemplada na Lei de Facendas Locais, que agora permite que as vivendas baleiras desocupadas  poidan ser gravadas  cun incremento no IBI de até un 50%. Defendemos que esta posibilidade se incorpore ás ordenanzas fiscais do vindeiro ano ao obxecto de avanzar na solidariedade e na mellora dos ingresos fiscais.

EU tamén propón penalizar fiscalmente aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpren co deber de edificar cun alza de até o dobre da cota do IBI. No mesmo senso, imos  penalizar fiscalmente aos propietarios que incumpran o deber de conservar os seus inmobles para provocar a declaración de ruína, decuplicando a taxa cando é o propietario quen a promove.

Os planos ou informes solicitados polas entidades sen ánimo de lucro que consten no rexistro de asociacións gozarán dunha exención na súa taxa, ao obxecto de facilitar o dereito e o acceso a información por parte do tecido asociativo cidadá.

Esquerda Unida entende que as nosas achegas lle entregan as ordenanzas fiscais un perfil  que incide en facelas máis atentas aos sectores sociais especialmente  golpeados pola crise, asemade de avanzar no campo da progresividade fiscal, esto é, que pague máis quen máis ten.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: