Esquerda Unida pregúntalle á corporación municipal e a Xunta cantos indixentes teñen que morrer nas rúas da nosa cidade para dar solucións o albergue de Vigo

Unha vez máis o goberno municipal e a Xunta de Galicia optan por solucións populistas para o edificio da Gota de Leite obviando unha realidade social que vivimos na nosa cidade. ESQUERDA UNIDA DE VIGO recorda ó goberno municipal que a situación social dos indixentes na nosa cidade é crítica, sobre todo nun contexto de crise económica.

Para EU as administracións teñen que establecer un plan de emerxencia social que priorice investimentos, e os recentes falecementos de persoas sen teito na nosa cidade amosan que non se fai absolutamente nada para solventar este problema. Sen negar a necesidade dunha rede de garderías públicas, a ubicación dunha neste espazo non vai solventar un déficit endémico de prazas que temos na nosa cidade polo que pide que antes de facer pequenos parches populistas e de cara ós medios se firme entre Xunta e Concello un PLAN DE REDES DE GARDERÍAS PÚBLICA cofinanciado pola dúas administracións e cun estudo previo das necesidades de prazas de garderías nos barrios da cidade.

EU solidarizase coa REDE SOCIAL GALICIA SUR que tanto tempo leva demandando un uso do edificio da Gota de Leite como espazo para a atención desta grave alarma social e de exclusión que vivimos en Vigo
dende fai moitos anos.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] EU le pregunta a la corporación municipal y a la Xunta cuántos indigentes tienen que morir en las … […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: