XORNADAS DE POLITICA MUNICIPAL DE EU-IU VIGO

Transcorridos xa máis de 30 anos desde a celebración das primeiras eleccións municipais democráticas a situación dos Concello segue sendo precaria. Os municipios españoles apenas xestionan o 13% do gasto público mentres as CCAA foron incrementando a súa participación ata o 37% e o Estado segue dispondo do 50%, correspondendo o 23% ao gasto da seguridade social.

Lonxe queda xa que logo hoxe a vella aspiración da FEMP de que os Concellos xestionen ata o 33% do gasto público

Non só os recursos son baixos senón que sistematicamente os Concellos son empregados por outras administracións para cubrir as súas propias deficiencias no cumprimento das súas obrigacións legais. En numerosas ocasións son os Concellos os que por ser a administración máis próxima aos cidadáns e ás súas necesidades asumen funcións que deberán realizar e non realizan as CCAA e o propio Estado. Segundo os últimos estudos este gasto impropio realizado polos Concellos podería supor o 30% do total do que realizan as Corporacións Locais.

O debate da descentralización quedouse sistematicamente estancado polas reformas estatutarias sen que nunca se considerou que a segunda descentralización, a municipal, era prioritaria.

Nesta tesitura de crise económica concellos como o de Vigo que baseaban de xeito importante o seu presuposto nos ingresos por actividades económicas e actividade urbanística ven como incluso nos presupostos xerais do estado se reduce significativamente as aportacións do estado os concellos poñendo en serio perigo a estabilidade e viabilidade económica do noso concello.

O gobernó municipal de Vigo parece alleo a esta realidade, non só sigue empregando o erario público para autobombo, sendo un dos concellos galegos que maís cartos destina a publicidade e promoción propia senón que incluso estuda a posibilidade de elevar o endebedamento do concello sen facer previamente un estudo do realmente necesario do gasto municipal.

Preocupados polo futuro do noso concello ESQUERDA UNIDA de Vigo realiza os días 21 e 23 de outubro ás 19:30 na CASA DA CULTURA GALEGA (Pza da Princesa) dúas xornadas para debatir sobre o futuro da financiación municipal e as propostas e modelos de municipalismo alternativo de IU e que se aplican con eficacia en moitos concellos do estado español.

politica municipal

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: