Meyer esixe á UE que exclúa a Honduras do acordo de Asociación mentres non se restitúa a orde constitucional

Grupo de Izquierda Unitaria Europea / Izquierda Verde Nórdica / 28 jun 09

O eurodiputado e responsable de internacional de IU Willy Meyer condenou onte o golpe de estado militar en Honduras. Meyer dirixiuse a Javier Solana, Alto Representante para a Política Exterior e de Seguridade Común da UE e a Benita Ferrero-Waldner, Comisaria de Asuntos Exteriores para insistir en que a UE debe garantir a restitución da orde constitucional en Honduras tras o secuestro do Presidente hondureño Manuel Zelaya e da Ministra de Asuntos Exteriores Patricia Rodas.

A detención de Zelaya produciuse unhas dúas horas antes do inicio da “consulta popular” ao pobo hondureño acerca da elección dunha Asemblea Constituínte.

Willy Meyer esixiu da Unión Europea a exclusión de Honduras do Acordo de Asociación entre a UE e América Central mentres non se restitúa a orde constitucional nese país. “A Unión Europea debe manter unha posición firme a este respecto e condicionar a inclusión de Honduras no Acordo de Asociación á restitución da orde constitucional, a garantía do regreso do Presidente Zelaya ao seu país e que se xulgue aos culpables do golpe de estado”.
Willy Meyer declarou que espera que “a través da presión internacional, da Unión Europea e de América Latina sexamos capaces de que se restitúa a Zelaya no seu posto e procédase ás detencións dos responsables do golpe de estado”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: