Esquerda Unida expresa o seu total respaldo as demandas e mobilizacións d@s traballadores/as do metal

AS RAZÓNS VOLVEN A ESTAR DE PARTE DOS TRABALLADORES, NAMENTRAS A VIOLENCIA E AS PROVOCACIÓNS  CAEN NO SACO DO SUBDELEGADO DO GOBERNO, DELFÍN FERNÁNDEZ

A FOLGA CONVOCADA É A RESPOSTA LEXÍTIMA A INTRANSIXENCIA PATRONAL

Esquerda Unida manifesta o seu total respaldo as demandas e mobilizacións que están a desenvolver na procura da mellora do convenio colectivo do metal pontevedrés as e os traballadores do metal  da provincia de Pontevedra. As reivindicacións e mobilizacións dos traballadores son un factor fundamental para garantir que non caia nas nosas costas o custo dunha crise provocado polos defensores das políticas neoliberais.

Semella inaceptable a actuación da subdelegación do goberno: vinte furgóns policiais  despregados  para ciscar e  rematar cunha protesta pacífica, que simplemente cortaba o tráfico na Praza de América. A nosa organización denuncia as actitudes provocadoras que tentan xerar violencia para  ocultar o fondo do conflito: a negativa patronal a negociar e chegar a un acordo sobre para o metal da provincia. Catro traballadores feridos son o resultado do quefacer do subdelegado.

25.000 traballadores/as e, xa que logo familias, xóganse moito nesta negociación, que se atopa bloqueada pola intransixencia patronal, que descubrimos conta con valedores que só deberían ter como obxecto da súa actuación o ben común.

Esquerda Unida respalda a convocatoria de folga  da  vindeira semana e a previsión de que acade o carácter de folga indefinida a partires do día 15. Semella mesquiño que tralos beneficios records destes anos só atopemos mesquindade e intransixencia patronal.  Reclamamos da patronal a volta as negociacións,  e facemos un chamamento para que os poderes públicos velen polo respecto aos dereitos constitucionais que temos como traballadores.   E afirmamos o valor da loita obreira en curso, que   vai ser exemplar para fornecer as forzas da clase traballadora, para gañar forzas e confianza para conquerir unha saída social e democrática á crise.

Viva a unidade da clase traballadora

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: