Willy Meyer: “o descenso do paro demostra que a intervención pública é a única saída á crise”

Willy Meyer participou na mañá de onte nunha rolda de prensa celebrada en Toledo, que estivo presentada por Daniel Martinez, coordinador rexional de IU-Castela A Mancha. Nela o candidato nº 1 de IU ao Parlamento Europeo, Willy Meyer comentou que as 24.741 persoas que “tiveron a fortuna” de atopar traballo no último mes fixérono principalmente “grazas á intervención pública na economía”, o que para Meyer demostra que “esta é a única saída á crise que xera emprego”.

A pesar de valorar o dato do paro do mes de maio feito público hoxe como “positivo”, denunciou que “estamos peor que o ano pasado”, ao atoparse en paro 1.320.000 persoas máis que en maio de 2008.

Para Meyer o feito de que se recuperou emprego no sector da construción débese á posta en marcha do famoso Plan E, ao que cualificou como “temporal e insuficiente”, e no segundo caso, ao comezo da tempada de verán no sector da hostalería e o turismo.

Dirixíndose ás e os traballadores afectados por ERE´s das empresas Docavi e Altan Innovación presentes na rolda de prensa, comentou que “IU estivo constantemente coas e os traballadores afectados por ERE´s en cada recuncho de España”. Igualmente Meyer saudou a nacionalización de GM pola Administración Obama, instando ao ministro de Industria a que faga o mesmo en España con OPEL.

Meyer denuncia que PP e PSOE subordinan a política de defensa europea á OTAN

Posteriormente Meyer referiuse á política exterior da UE sinalando que “tanto PP como PSOE se puxeron de acordo unha vez máis en Europa para supeditala á OTAN”, á vez que denunciou que “os países da UE gastan 17 veces máis en armamentos que en cooperación ao desenvolvemento”. O candidato reclamou un xiro na política exterior da UE, sen bases estranxeiras no territorio, ás que considerou un elemento fundamental nos voos secretos da CIA,

Meyer lanzou varias esixencias nesta materia como pola retirada do exército turco da illa de Chipre, o desmantelamento das bases norteamericanas en Europa e da base británica de Xibraltar e a retirada de tropas de Iraq e Afganistán. Igualmente defendeu a necesidade dun tratado internacional que prohiba as armas de destrución masiva, a eliminación da Axencia Europea de Defensa e do escudo antimísiles que EEUU está construíndo en Polonia e na República Checa.

En referencia á proposta lanzada por Sarkozy e Berlusconi para que Tony Blair presida a UE en caso de aprobarse o Tratado de Lisboa, comentou que de levarse a cabo tal proposta “sería recompor de novo a foto das Azores”. “Chamamos á mobilización de toda a mocidade que estivo en contra da guerra de Iraq”, declarou o candidato.

Finalmente Meyer situouse en contra da instalación da base da OTAN de Albacete para que “Albacete non pode ser a punta de lanza dos bombardeiros da alianza atlántica”.

Fonte orixinal
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: