Esquerda Unida de Vigo califica de lamentable a actitude da patronal do metal de Pontevedra

…………………

EU-IU solidarizase cos sindicalistas pechados na delegación de traballo e recorda que coa actitude de esta patronal ó unico xeito de avanzar socialmente é a mobilización en forma de folga .
…………………

ESQUERDA UNIDA de Vigo a través da súa área de movemento obreiro queré recordar que durante os anos 2005 e 2008 producíronse incrementos do beneficio empresarial moi por enriba do aumento dos salarios acollidos a
convenio, a pregunta é se ese beneficio no sector traduciuse en melloras de I+D+I, infraestructuras industriais, mellorar en seguridade laboral, etc… ou se pola contra acabaron en promocións inmobiliarias, coches de
luxo e vida disoluta que tanto disfruta a inoperante patronal da nosa comarca.

Nesta situación de crise, celebramos a decisión sindical de abolir ás horas extras no sector, auténtico cancro laboral que expulsa anualmente no noso país a miles de traballadores do emprego estable e que non se
entenden nun sector, como o metalúrxico, que durante o 2008, rescindiu centos de contratos argumentando falta de carga de traballo.

A proposta de urxencia da patronal de negociar un convenio a 2 anos e plantexar de novo un retraso na negociación porque a visita a feira de mostras de Bilbao sexa nestas datas parecenos un acto de desprecio absoluto ás 24.000 familias que viven do sector.

EU-IU considera equitativas e mesuradas as propostas sindicais para o convenio, porque van na órbita de manter o poder adquisitivo dos traballadores, estabilizar ás plantillas e articular un sector
competitivo, con traballadores formados e con futuro.

pdfNoticia en PDF

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: