EU-IU de Vigo ante o informe AUKEN sobre urbanismo no Estado Español

EU-IU DE VIGO CONGRATÚLASE DA APROBACIÓN NA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO DO INFORME AUKEN SOBRE O URBANISMO NO ESTADO ESPAÑOL E LEMBRA QUE DITO INFORME CONTÉN A PETICIÓN DE DENUNCIA DO PXOM DE VIGO FORMULADA NO SEU DIA POR EU-IU.

O PP E O PSOE UNIDOS INTENTARON INÚTILMENTE A SÚA PARALIZACIÓN.

Esta mañá a Comisión de Peticións aprobou o informe Auken sobre urbanización extensiva en España. A pesar dos intentos, por parte do PP español e o PSOE, de evitar a responsabilidade das administracións públicas españolas: central, autonómicas, e locais, nos abusos urbanísticos, o contido do informe non se suavizou.

Os grupos do PP español e o PSOE quedáronse sos, ao non ser apoiadas as súas emendas, nin tan sequera polos seus respectivos grupos en Europa.

ESQUERDA UNIDA de Vigo congratúlase da aprobación deste informe que contén na súa documentación de análise previa a petición contra a aprobacion do PXOM de Vigo formulada no seu día por Willy Meyer, eurodeputado de IU. Nesa petición EU-IU denunciaba como se aprobou o plan sen ser sometido a alegacións sendo modificado sustancialmente (algo que denuncia o informe AUKEN cando se refire a forma na que se están aprobando os Plans Urbanisticos no Estado Español).

De igual xeito o informe evidencia que o carácter expansionista do urbanismo proposto polo PXOM DE VIGO é algo intolerable e fóra de toda lóxica. O propio informe denuncia actitudes como a da corporación local de Vigo aprobando un PXOM insostible somentes por intereses especuladores e económicos, obviando recursos naturais, hídricos ou capacidades da rede depuradora da cidade.

Ante a importancia deste informe para o futuro desenvolvemento de proxectos na nosa cidade que requiran de financiación europea EU-IU de Vigo repartirá o devandito informe e a evaluación do mesmo feita por ESQUERDA UNIDA entre os colectivos sociais da nosa cidade para que coñezan o seu contido e consecuencias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: