Tarifa Nocturna

As compañias, co apoio do Goberno, eliminaron en Xullo do 2008  a “tarifa nocturna” (180.000 familias en Galicia), a cal é unha obriga contraída mediante contrato cos clientes. Por este incumprimento non só non se nos compensa senón que conseguen que pasemos a pagar máis no consumo, e que de paso corramos os usuarios con boa parte dos gastos e das modificacións na voltaxe (sumado a inversión xa feita de entre 6.000 e 125.000 € dos acumuladores), co cal estas empresas deben garantir o seu negocio ante o aumento do uso da enerxía eléctrica e para evitar os “apagóns” e as caídas de tensión.

A estas empresas privadas xa lles estamos pagando un imposto na factura (o chamado C.T.C), e se benefician de cuantiosas axudas e inversión públicas do Estado que saen en gran parte dos nosos impostos, polo que se descarga sobre os salariose os ingresos dos pequenos industriáis o custe dunha “modernización” da rede eléctrica, cando teñen capacidade para sufragala de sobra cos seus SUPERBENEFICIOS (ver no ibex 35), tantos que incluso con un gran “bocado” para os inversores extranxeiros.

O pasado 15 de Febreiro o Goberno ante a presión popular (máis de mil denuncias), e ante a proximidade das pasadas eleccións autonómicas, quitou un decreto que prohíbe as empresas cobrar os usuarios os custes do cambio de contrato (400 € aproximadamente). Isto tenos que servir de experiencia para que dunha vez os cidadáns de este país teñamos claro que nos mesmos temos que ser os primeiros garantes dos nosos dereitos, do contrario estaremos sempre nas mans dos poíticos de turno e dos “seus intereses”.

Actualizado: Adxuntamos dúas follas de reclamación, coas que deberán presentarse as copias dos tres últimos recibos:

pdf

pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: