ESQUERDA UNIDA PRESENTA UN MANIFESTO CIDADÁN EN APOIO A CANDIDATURA DESTA FORMACIÓN NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O manifesto asinado entre outros polo histórico avogado laboralista Fernando Randulfe, o catedrático de economía aplicada Xose Luis Outes, o escritor e académico Xesús Alonso Montero ou os secretarios das unións de CCOO de Arousa e Pontevedra entre outros quere ser vontade constructiva da esquerda plural tan necesaria.

O manifesto recolle sinaturas do mundo da cultura, do ensino público universitario e medio, do cine e o teatro, do sindicalismo de clase de hoxe e o histórico, un amplo espectro duna Galicia real que quere unha esquerda real e alternativa O candidato de EU pola Provincia, Rubén Pérez considera un honor que senté tan significada da loita polas liberdades democráticas, polos dereitos sociais e laborais sumen o seu nome a unha vontade colectiva e plural como é a candidatura de EU ao congreso por Pontevedra. Un “compromiso” que recollemos honradamente os homes e mulleres de EU-OV para defender o que acertadamente recolle o párrafo final do manifesto: sempre adiante, sempre á esquerda. O manifesto será presentado públicamente no ACTO DE PECHE de campaña de ESQUERDA UNIDA que se vai a celebrar no CENTRO CÍVICO DE TEIS o VENRES 18 ás 20:00 horas e que contará coa intervención final do propio candidato de EU ao Congreso Rubén Pérez e firmantes do manifesto.

RUBÉN PÉREZ (EU): O BARRIO DE NAVIA CONTÉN PARTE DO PROBLEMA DA FALLA DE CONTROL PÚBLICO NA PLANIFICACIÓN E CONTROL URBANÍSTICO.

Rubén Pérez, nº 1 da candidatura de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra,  aproveitou hoxe un FORO ABERTO na rúa celebrado na entrada do Pabellón Deportivo de Navia para lembrar que nese barrio producíronse procesos de especulación en vivendas de protección pública con sobreprezos que son un exemplo da falla de control público sobre o proceso urbanizador.
 
O candidato de EU lembrou que EU defende GARANTIR O DEREITO CONSTITUCIONAL Á VIVENDA, entendendo que o dereito a unha vivenda digna está recollido no artigo 47 da Constitución Española. A súa lectura é un excelente argumento: “Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. Para o membro do Consello local de EU e residente no barrio, Roi Cagiao, as políticas de loita contra o fraude fiscal e a especulacións sobre algo tan importante para as economías familiares como é a vivenda somentes está asegurado cun crecemento institucional de EU no Congreso”.
 
Esquerda Unida propón como medidas esenciais en material de vivenda:
 
- Reforma da Lei de Enjuiciamento Civil en materia de desahucios e da Lei Hipotecaria, coa incorporación da fórmula da dación en pago.
-  Moratoria en calquera operación de desahucio por impago da hipoteca a quenes se atopen en situación de paro ou de dificultades económicas como consecuencia da crise. Establecerase un sistema de mediación que permita que os afectados poidan continuar na súa vivenda mediante un pago que en ningún caso superará o 30 % dos seus ingresos.
-  Creación dun parque público de vivenda en aluguer moderado cós stocks actualmente detentados pola Banca e os promotores que mercarían as Administracións Públicas a prezo de coste, utilizando cédulas hipotecarias e outros mecanismos financeiros. Habería que engadir as obteñidas pola expropiación das vivendas desocupadas.
-  Fomentar a autoconstrucción de vivendas.
-  Eliminación da claúsula “solo” nas hipotecas en vigor e nas vindeiras.
 

EVA SOLLA (EU): AS CONSECUENCIAS DA CRISE CAPITALISTA TEÑEN UNHA FACIANA E UN XÉNERO: MOZA, MULLER E TRABALLADORA.

Eva Solla, nº 2 da candidatura de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra,  considera que a crise capitalista ataca directamente as condicións de vida aparentemente consolidadas e entre os sectores máis vulnerables atópanse as mulleres, dentro delas o segmento de idades máis novas e asalariadas. 

Eva Solla lembra que a igualdade de homes e mulleres é un eixo fundamental da política de EU: 

1. Dereitos políticos, democracia paritaria e orzamentos participativos.

2. Dereitos sociais e económicos das mulleres.

3. Frenar a violencia de xénero e a exclusión social.

4. Dereitos sexuales e reprodutivos:

 - Creación dun Ministerio de Igualdade de Xénero/Muller.

- Modificación da Lei de Réxime Electoral General para garantir a paridade real nas listas electorais.

- Desenvolvemento efectivo de Orzamentos Participativos con Perspectiva de Xénero.

- Erradicación da brecha salarial entre mulleres e homes.

- Construcción dunha rede de Servizos Públicos que posibiliten a conciliación da vida laboral e privada.

- Equiparación do Réxime das Empregadas de Fogar ao Réxime Xeral.

- Funcionamento real do Fondo de Pensións de Alimentos en parellas divorciadas.

- Desenvolmento de políticas activas contra a explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución. É imprescindible a equiparación legal das vítimas de trata, tráfico e prostitución.

- Prohibición dos anuncios e publicidade de prostitución, que converten á muller en mercadoría, facilitan a proliferación de mafias, reflicten unha imaxe degradante.

- Despenalización total no Código Penal da Interrupción Voluntaria del Embarazo que garante su práctica en las 24 primeras semanas en la Sanidad Pública.

- Educación sexual regrada.

- Os métodos anticonceptivos deben considerarse como produtos fundamentais para a saúde. De ahí que propoñamos a rebaixa do tipo de IVA (4%).

- Control das axudas de Cooperación. Non financiando programas que fomenten a discriminación, afianzamento de roles ou segregación laboral.

ACTO PÚBLICO EN COIA

RUBÉN PÉREZ: “OS MEDIOS TEÑEN QUE CONTRATAR MÁIS XORNALISTAS EN ESTA CAMPAÑA ELECTORAL PARA ASEGURAR A PLURALIDADE DA INFORMACIÓN”

O candidato de ESQUERDA UNIDA-OS VERDES ao Congreso dos deputados por Pontevedra Rubén Pérez remitirá un decálogo aos directores e directoras dos medios de comunicación pedindo que remate da “sangría de despidos e recortes de traballadores e traballladoras no medios de comunicación” ante un proceso electoral que require pluralidade e dignificación do traballo de xornalista.

O candidato de ESQUERDA UNIDA considera imprescindible que as axudas públicas e facturación que os medios reciben desde institucións públicas como Concellos, Xunta, Deputacións, etc… revirtan na creación de emprego estable no ámbito do xornalismo profesional. Recorda que os xornalistas están saturados, cubrindo en ocasións actos institucionais excesivos ou de pouca importancia informativa como visitas a obras ou anuncios que poden tramitarse perfectamente con roldas de prensa nos edificios administrativos e non en “paraxes inhóspitos”.

Igualmente ESQUERDA UNIDA defende que se esixa aos partidos políticos que concurren a este proceso electoral que se permitan as preguntas nas roldas de prensa e que se permita a filmación e fotografía libre evitando os “enlatados” proporcionados dende os propios partidos que ignoran o traballo do gremio.

O decálogo recolle as seguintes peticións:

  1. Os medios teñen que garantir a estabilidade laboral e as as condicións salariais e de horas de traballo recollidas nos convenios colectivos do sector.
  2. Os medios teñen que permitir o traballo libre e obxectivo dos profesionais sen censuras de contados nin directrices ideolóxicas
  3. Os medios teñen que contratar personal suficiente para a cobertura dos partidos chamados minoritarios e establecerán o equilibro informativo evitando a saturación de información “bipartidista”. Non somentes durante o proceso electoral senón que as plantillas deben ser acordes co traballo informativo real.
  4. Os medios teñen que evitar solicitar o envío de fotografías dos actos aos partidos sempre que sexa posible xa que para esta actividade existen profesionais competentes e formados chamados fotoxornalistas.
  5. Os medios deben esixir aos partidos a posibilidade de realizar preguntas aos candidatos sen censura previa dos partidos.
  6. Os xornalistas deben ter dietas por traslado aos actos de acordo co convenio colectivo do sector.
  7. Ningún xornalista de ningún medio pode ser censurado ou apartado da acción formativa por parte dun partido político ou candidato.
  8. As axudas públicas aos medios por parte das administracións (por lectores, por tiraxe…) para EU deberían ser condicionadas ao mantemento do emprego no sector do xornalismo.
  9. A inserción de propaganda electoral nos medios non pode condicionar a cobertura maior ou menor nun medio.
  10. Os e as xornalistas teñen que ser tratados con respeto polos candidatos e partidos e os agravios deben ser defendidos públicamente polas direccións dos medios, acudindo á xustiza se é preciso. A cara pública dun medio son os seus profesionais.
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: