ESQUERDA UNIDA DE VIGO DENUNCIA O DESFILE DE ETT´S E DE ENTIDADES PRIVADAS DE COLOCACIÓN EN EMPRESAS DA CIDADE PARA OFRECER SERVICIOS LIGADOS Á REFORMA LABORAL

EU considera bastante ilustrativo que os catálogos que ETT´S e empresas semellantes están deixando nas xerencias e direccións de empresas de Vigo e comarcal suliñen os aspectos do DESPIDO PROCEDENTE, MOBILIDADE FUNCIONAL E XEOGRÁFICA E DESCOLGUE DOS CONVENIOS o que amosa que este Real Decreto 3/2012 simplemente sirve para despedir máis e máis barato ás empresas.

EU considera ilustrativo que estas visitas están extendéndose á empresas onde aplica convenios con prohibición expresa das ETT´S como o CONVENIO DO METAL, amosando que o que se pretende é vulnerar os convenios establecendo situacións de descolgue dos artigos referentes a ETT´S.

A verdadeira intención desta Reforma Laboral empeza a ser patentizable no tecido productivo da nosa cidade, aumentar a flexibilidade e e eventualidade en sectores donde aínda persistía, abaratar o despedimento e empregar as plantillas como comodíns ao antollo da patronal.

Para EU faise evidente que “a Lei sae da empresa”  e que estas empresas queren aproveitar a nova situación para asesorar ao empresario, que poderá reducir o salario, cambiar xornada e vacacións, e por suposto modificar as tarefas no traballo, sen que a representación dos traballadores e traballadoras poda actuar.

Para EU, que tivo acceso a varios destes catálogos, resulta evidente á intencionalidade de que esta reforma sirve esencialmente para o despido cando as propias ETT´S suliñan párrafos como que a contrarreforma tamén afecta aínda que o traballador teña un contrato indefinido anterior á súa entrada en vigor (12 de febreiro de 2012). A indemnización, informan, “se o despido é de forma improcedente, será de 45 días por ano ata ese día, pero de 33 días a partir dese momento. O período máximo de indemnización será de 720 días e non de 42 meses. Se co tempo traballado ata o 12 de febreiro, correspondém ao traballador máis de 720 días, ese será o número de días que contará e non o que corresponda por todo o período traballado”

EU considera que, ante a evidencia de que esta contrarreforma é un ataque brutal contra os dereitos dos traballadores e traballadoras, o camiño único é a FOLGA XERAL UNITARIA e a defensa de políticas alternativas como combater o fraude fiscal e a economía mergullada (hoxe un 23% da economía española) e cunha reforma fiscal que faga que paguen máis quen máis teñen e gañan, especialmente a banca e as grandes empresas que son os principais responsables da crise.

Comunicado de prensa, EU Vigo, polo paro no metal o 28 de Outubro

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A ACTITUDE DA PATRONAL ESTATAL (CONFEMETAL) NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA AMOSA COMO A PATRONAL DO METAL EN PONTEVEDRA ACTUABA TELEDIRIXIDA POR DIAZ FERRÁN DENDE O INICIO DO CONFLICTO EN PONTEVEDRA

Para EU a realidade da cerrazón da patronal pontevedresa na negociación do convenio pontevedrés  responde a extratexia da CEOE de conxelar a negociación colectiva e aproveitar a crise para desartellar dereitos laborais.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO considera lamentable a actitude da CEOE na negociación colectiva deste año, feito que vai obrigar a 18 federacións provinciais do metal de UGT e CCOO de todo o estado a celebrar unha xornada de paro o vindeiro 28 de outubro.

A aqueles que acusaban os traballadores do metal de Pontevedra de actuar de xeito irresponsable pedindo subas salariais irreais que non se estaban pedindo en outros convenios ESQUERDA UNIDA quere recordarlles que é absolutamente falso, que en máis de 18 provincias españolas se están poñendo enriba da mesa os mesmos problemas e propostas sindicais e que o 28 de outubro serán máis de medio millón de traballadores os se vexan afectados polo estancamento na negociación colectiva no sector.

ESQUERDA UNIDA chama tamén a cidadanía viguesa a apoiar e defender os 13 traballadores que sufrirán xuizo os días 19, 20 e 21 de outubro en VIGO polos sucesos da carga policial no conflicto pola negociación do convenio o ano 2006. As peticicións de máis de 3 anos de cárcel que se pon por parte da acusación enriba da mesa so se pode calificar de propia dun sistema xudicial represivo e carente de equidade democrática.

CARTA ABERTA Á CIDADANÍA: A FOLGA DO METAL. VERDADES E MENTIRAS

A FOLGA DO METAL. VERDADES E MENTIRAS

A razón sempre existíu,

Pero non sempre nunha forma razonable

Karl Marx

  • ORIXE DO CONFLICTO. QUE PIDEN OS TRABALLADORES

A orixe do conflicto, como en anteriores ocasións, volta a estar na negociación do novo convenio. A patronal pretende esconderse na crise capitalista, provocada por eles e o seu libre mercado, para arañar unha merma de dereitos no sector. Os tres sindicatos teñen unha proposta unitaria, disposta para a negociación pola súa banda as diferentes patronais son incapaces de artellar unha proposta conxunta e converxen na idea de restar dereitos aproveitando a coxuntura. Mentras os traballadores plantexan un convenio de duración curta de transición no 2009 e voltar a negociar no 2010, a patronal petrende un convenio longo con conxelación salarial e sen tocar a duración do cómputo de xornada anual. A vontade negociadora dos traballadores está ampliamente contrastada pola aceptación de numerosas rebaixas na táboa reinvindicativa inicial, algo inexistente na postura patronal.

  • A CRISE CAPITALISTA. ESCUSA PARA UN AXUSTE DE CONTAS ÓS ASALARIADOS E ASALARIADAS

Dende sempre os periodos de crise foron empregados polo capital para artellar medidas de forza e desregularización. A crise foi a escusa para a privatización de decenas de empresas públicas nos anos 90, foi tamén a que serviu para que o PSOE consagrara a aparición das ETT´S e os contratos precarios… Unha vez mais a crise e a escusa para mermar dereitos. A crise capitalista teñen que pagala os que a produciron, non ós traballadores e traballadoras

  • NOVOS TEMPOS VELLAS MENTIRAS. DIVIDE E VENCERÁS

Enfrontar a traballadores e traballadoras é o gran empeño do capital, facer ver como diferentes os intereses do metal cós intereses colectivos do resto da cidadanía ten que contar coa oposoción activa e decidida de todos e todas. E evidente que o que xoga nas rúas de Vigo aféctanos independentemente do sector no que desempeñemos a nos actividade ou situación laboral.

  • CÓMPRE SABER, COMO O SABE A PATRONAL O EFECTO DOMINÓ QUE TEÑEN AS CONQUISTAS LABORAIS QUE SE PRODUCEN NOS SECTORES MAIS ORGANIZADOS DO MOVEMENTO OBREIRO

A recente directiva da CEOE os seus afiliados de non tranxisir en aumentos salariais por enriba do 1% na negociación colectiva pon en liza o intento de desactivar de xeito mais furioso aqueles sectores que, como no noso metal, son referente en reivindicacións obreiras, onde se conquire polo instrumento da negociación colectiva reforzado coa mobilización obreira, logros que inquedan a patronal que sabe que logo son referentes para outros convenios. A batalla patronal contra as reivindicacións no metal é unha batalla que sobrepasa os límites da nosa cidade e da nosa provincia. Trátase de quebrar o espello no que se miran miles de asalariados no noso país.

  • OS QUE OCUPAN A RÚA ESTES DÍAS SON TRABALLADORES, NON SON ESPECULADORES.

Os verdadeiros radicais son os que radicalmente defenden o modelo actual de desenvolvemento baseado no ladrillo e na corrupción institucional, e son os que temos que denunciar os traballadores. Hipotecaron as nosas vidas por decenas de anos e agora pretenden que traguemos coa súa desfeita.

  • NON HAI LIBERDADE DE PRENSA PERO HAI LIBERDADE DE EMPRESA.

A prensa xoga o seu habitual papel lamentable neste conflicto. Dependente das subvención e publicidade dos poderes políticos e económicos da cidade conta as cousas a medias, servindo interesadamente ós poderes económicos de turno, convertindo os traballadores e profesionais do sector en sufridores dun abuso ante a visión na rúa dunha realidade e a obligatoriedade de autocensurar a súa información posteriormente.

  • A UNIDADE SINDICAL IMPRESCINDIBLE PARA A CONQUISTA DE DEREITOS.

Saúdamos a unidade sindical acadada neste conflicto, as tres forzas maioritarias amosaron unha seriedade e madurez que permite ante os miles de traballadores evitar suspicacias sobre intereses máis alo do convenio e da conquista de dereitos. Que esa unidade sexa a punta de lanza para unha unidade en todo o movemento obreiro galego.

  • A NECESIDADE DE RECUPERAR O INTERNACIONALISMO PROLETARIO FRATERNAL E SOLIDARIO. NON ESQUEZAMOS NUNCA O NOSO PASADO RECENTE EMIGRANTE.

Como traballadores dunha sociedade con profundas raices na emigración económica neste século temos que ter claro que o verdadeiro culpable de que man de obra emigrante traballe no sector vulnerando o convenio actual é exclusivamente a patronal co silencio do goberno e inspección de traballo. Para evitar formas intencionadas ou non de xenofobia cómpre ecuperar os valores de clase, dende a súa primexenia forma nacida da I Internacional no século XIX, na que a solidariedade dos obreiros polacos e ingleses, por exemplo, evitou que uns en folga foran substituidos por outros, fómula qu volta (nunca deixou de selo) a ser imprescindible no século XXI nun periodo no que o capitalismo ferido se comporta de novo de xeito inhumano.

Vigo, 18 de xuño de 2009

HOXE TODOS E TODAS SOMOS O METAL

A DESUNIÓN É A NOSA DEBILIDADE. A UNIÓN É A NOSA FORZA

VIVA A LOITA DA CLASE TRABALLADORA

firma

Esquerda Unida

Agrupación Comarcal de Vigo

eu-vigocomarca@esquerdaunida.org

Partido Comunista de Galicia

Comité Comarcal de Vigo

vigo@pcgalicia.org

Xuventude Comunista Galega

Comité Comarcal de Vigo

vigo@xcgalega.org

Esquerda Unida de Vigo condena a actitude do delegado do goberno e pide a súa dimisión

Outra vez o goberno alíase coa patronal contra os traballadores

e as súas demandas lexítimas.

A actitude desmesurada e fascista da policia, no día de onte contra os traballadores do metal en Vigo, non ten ningún tipo de xustificación. Os traballadores no exercicio dun dos seus dereitos constitucionais como é a folga, levaban a cabo coma outras veces cortes de tráfico e o intento de ocupación pacífica do Concello. Feito este último que provocou unha carga policial brutal contra os traballadores alí concentrados. Esto provocou a ola de cortes de tráfico e incidentes que duraron toda a mañá, respondidos pola policía como si dunha dictadura se tratara. O resultado forón varios traballadores e cidadáns feridos.

Nesta tesitura hai varios responsables claros, o primeiro deles, a patronal (digna dun país do terceiro mundo) ca sua negativa a unha negociación xusta para os traballadores, segundo, o subdelegado do goberno por ordear estas cargas policiais brutais o cal nos fai pensar que so é un lacaio da patronal, terceiro, a Xunta de Galicia por non forzar unha mediación clara e xusta para os traballadores, e cuarto, o alcalde de Vigo por non se opoñer a represión dos traballadores senon todo o contrario.

Estas actitudes so van levar a un conflicto mais longo e mais duro. Os traballadores, e non so os do metal estánse a xogar moito neste pulso por conquerir uns dereitos laborais dignos e xustos.

A dobre vara de medir e outro feito salientable. Nesta cidade fanse cortes de tráfico moi a miudo por éxitos deportivos de clubes de aquí e de fora, tamén se fan procesións varias, e non pasa nada. Nembargantes cando de traballadores se trata, o resultado está a vista, atácalos con todos os medios policiais e criminalizados.

O día 12 de Xuño hai convocada folga xeral de todo o Metal da provincia de Pontevedra, e dende Esquerda Unida de Vigo facemos un chamamento a todos os traballadores para que respalden e acudan as movilizacións do Metal. Os traballadores non imos pagar a súa crise.

Esquerda Unida expresa o seu total respaldo as demandas e mobilizacións d@s traballadores/as do metal

AS RAZÓNS VOLVEN A ESTAR DE PARTE DOS TRABALLADORES, NAMENTRAS A VIOLENCIA E AS PROVOCACIÓNS  CAEN NO SACO DO SUBDELEGADO DO GOBERNO, DELFÍN FERNÁNDEZ

A FOLGA CONVOCADA É A RESPOSTA LEXÍTIMA A INTRANSIXENCIA PATRONAL

Esquerda Unida manifesta o seu total respaldo as demandas e mobilizacións que están a desenvolver na procura da mellora do convenio colectivo do metal pontevedrés as e os traballadores do metal  da provincia de Pontevedra. As reivindicacións e mobilizacións dos traballadores son un factor fundamental para garantir que non caia nas nosas costas o custo dunha crise provocado polos defensores das políticas neoliberais.

Semella inaceptable a actuación da subdelegación do goberno: vinte furgóns policiais  despregados  para ciscar e  rematar cunha protesta pacífica, que simplemente cortaba o tráfico na Praza de América. A nosa organización denuncia as actitudes provocadoras que tentan xerar violencia para  ocultar o fondo do conflito: a negativa patronal a negociar e chegar a un acordo sobre para o metal da provincia. Catro traballadores feridos son o resultado do quefacer do subdelegado.

25.000 traballadores/as e, xa que logo familias, xóganse moito nesta negociación, que se atopa bloqueada pola intransixencia patronal, que descubrimos conta con valedores que só deberían ter como obxecto da súa actuación o ben común.

Esquerda Unida respalda a convocatoria de folga  da  vindeira semana e a previsión de que acade o carácter de folga indefinida a partires do día 15. Semella mesquiño que tralos beneficios records destes anos só atopemos mesquindade e intransixencia patronal.  Reclamamos da patronal a volta as negociacións,  e facemos un chamamento para que os poderes públicos velen polo respecto aos dereitos constitucionais que temos como traballadores.   E afirmamos o valor da loita obreira en curso, que   vai ser exemplar para fornecer as forzas da clase traballadora, para gañar forzas e confianza para conquerir unha saída social e democrática á crise.

Viva a unidade da clase traballadora

Crónica de Cayo Lara en Vigo

Cayo Lara destapa a coincidencia básica do PP e PSOE en facer pagar a crise aos pobres favorecendo aos ricos.

Nun encontro previo con dirixentes dos sindicatos CIG e CCOO expresoulles a solidariedade de EU coa loita dos traballadores do metal por un convenio digno.

P5250037

Secretaría de Comunicación de EU-EU. Vigo


DSC_0471O coordinador federal de IU non defraudou as expectativas do público, e con mestría didáctica desmenuzou a dinámica  da crise, deixando ao espido o papel servil de Zapatero ante a banca coa aquiescencia cómplice de Rajoy.

Empezou a súa intervención preguntándose cal sería a diferenza substancial que poderían exhibir os candidatos do PP e PSOE no debate televisivo previsto para uns minutos mais tarde, tendo en conta as súas amplas coincidencias no impulso ao neoliberalismo; tendo en conta que o que entrou en crise son as súas políticas de privatización, de baixada de impostos aos ricos, de non intervención na economía.
Acusou a Zapatero de presentarse como o “rei do mambo da esquerda”, depois de perdoarlle ao 1% da poboación máis rica o imposto de sucesións; logo de facer agasallos mil millonarios á banca e grandes fortunas, deixando desprotexidos aos catro millóns de parados, ao millón de fogares nos que todos os seus membros están en paro, aos 75.000 españois que perderon a súa vivenda e os seus aforros por non poder pagar a hipoteca.

DSC_0449Destacou que a economía especulativa do ladrillo – cuxa crise arrastrou aos demais sectores, convertendo a España en líder de paro en Europa – é corresponsabilidade tanto do PP como do PSOE, polas súas facilidades urbanísticas, pola súa protección dos paraísos fiscais.

Precederon a Cayo no uso da palabra o coordinador local de Vigo, Rubén Pérez, Juan Fajardo, concelleiro en Vilagarcía de Arousa e Ledicia Piñeiro, membro da Mocidade Comunista de Galicia e candidata por esta comunidade ao parlamento europeo, quen destacaron o papel de Willy Meyer no pasado europeo fronte ao ilegal PXOM de Vigo, á ilegal depuradora e demais verteduras á Ría ou ao proceso de Bolonia mercantilizador da universidade.
Vigo, 25 de maio de 2009

Manifestación en Vigo do sector do metal da provincia de Pontevedra

Esquerda Unida de Vigo apoia o comunicado de CCOO

Ante o comunicado presentado onte por CCOO sobre a presencia de traballadores estranxeiros no sector do metal sen cumplir o convenio colectivo manifestamos:

  1. O noso total apoio o manifesto, o cal consideramos adecuado, oportuno e que pon en liza o verdadeiro problema presente no sector: o incumprimento patronal do convenio en base a explotar traballadores inmigrantes e empregalos como arma arroxadiza contra os traballadores locais. Vindicar iguais salarios e dereitos entre os traballadores independentemente do seu país de orixe non é so defender a legalidade senón e ser fieis a máis digna tradición da clase obreira, o internacionalismo proletario e a solidaridade de clase.
  2. É absolutamente temerario que forzas sindicais plantexen este problema, presente no sector dende fai anos, a escasas 24 horas do inicio da folga convocada no sector, xa que se pode malinterpretar ou intencionadamente manipular pola prensa e a patronal como fixeron de feito deleznable no recente conflicto da NAVAL de SESTAO, onde a prensa titulou a mobilización obreira por un feito similar como “primeira folga de carácter racista do estado”. A responsabilidade sindical nestes momentos somentes pode traducirse na firma do manifesto que tedes presentado.
  3. EU-IU de Vigo suscribe a totalidade do documento e anima a que sexa a punta de lanza de loita contra propostas ultramontanas coma a Directiva Bolkestein de liberización de servizos que unha e outra vez intentan aprobar no Parlamente Europeo.


pdfComunicado de CCOO

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: