A EDUCACIÓN: UN DEREITO NA ENCRUCILLADA

Cartel Ensino

ESQUERDA UNIDA CHAMA A “MOVERSE POLO GALEGO” O 17 DE MAIO

O Galego é cultura e patrimonio de todas e todos os galegos, de todas as persoas que viven e traballan na nosa terra. O Galego é a nosa lingua, xa que logo, temos que defendela diante dos ataques do PP. Esquerda Unida – Os Verdes fai un chamamento á cidadanía para participar na manifestación en defensa da nosa lingua que partirá da compostelá Praza da Alameda de Compostela ás 12:00 h. do vindeiro día 17 de Maio, festividade do Día das Letras Galegas.

Festividade tinguida dunha esixencia reivindicativa, diante da sistemática de ataques dende un poder público en mas do PP que sostén unha práctica alleeira no seu mal quefacer cotián; reivindicación que entende o galego como a expresión compartida dunha arela de igualdade e cultura dun pobo que se quer con dereitos de cidadanía.

A Mobilización acompañase dun ronsel de actividades en defensa da nosa lingua e cultura ao longo das vilas e cidades do país e nas que de xeito humilde a nosa formación política organiza e participa. As mulleres e homes de Esquerda Unida van participar nesta mobilización encabezadas por Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional, e o resto da Executiva, nunha cita importante e na que cómpre subliñar o valor da unidade para reclamar para o galego as mesmas oportunidades que para o castelán.

A Coordinadora Nacional de EU, Yolanda Díaz, sinalou que “temos a razón da nosa parte para demandar dos poderes públicos que fagan efectivos os nosos dereitos a vivir nun país onde se poida empregar o galego en todos os eidos da vida social”.

Esquerda Unida asume as verbas de Fernández Paz cando lembra os versos brechtianos no manifesto que se vai ler en Compostela. Así, a executiva nacional de Esquerda Unida considera que somos un pobo disposto a soster mil batallas máis na defensa da nosa lingua e cultura, patrimonio de todas e todos os galegos, de todas as persoas que viven e traballan na nosa terra.

Son hoxendía abondo os eidos da vida social, dende o comunicacional ate a xustiza, pasando pola erosión da presenza e uso do galego no ensino, nos cales cómpre artellar unha planificación e uns recursos que a fagan efectiva para superar as eivas, prexuízos, ignorancias e mesmo hostilidades que rodean unha lingua sen a que non se explica a nosa condición como pobo e as nosas achegas ao acervo común da humanidade.

EU ten confianza na determinación da cidadanía galega de facer valer o que son os nosos dereitos culturais individuais e colectivos e que nese vieiro difícil de loita imos ser cada vez máis os que abriguemos co noso quefacer os “pombeiros de esperanza.

ESQUERDA UNIDA EN CONTRA DA AMPLIACIÓN DA AP9

Logo do anuncio no B.O.E. do 24 de novembro da aprobación da modificación do Convenio entre a Administración do Estado e AUDASA de cara á ampliación da AP-9 nos tramos “Santiago norte- Santiago sur” e “enlace de Cangas- enlace de Teis”, dende Esquerda Unida queremos manifestar o seguinte:

 Nos opoñemos radicalmente a todo tipo de novas ampliacións das vias de alta capacidade. No actual contexto de quecemento do clima provocado polas emisións de GEI producto da actividade humana, en boa parte procedentes do transporte, non se pode seguir insistindo na mesma liña. Os problemas de mobilidade non se solucionan con improvisacións e ampliando constantemente as vías de asfalto. É necesaria unha planificación territorial que, ao mesmo tempo que reduza as necesidades de desprazamentos, contemple como medio de transporte estratéxico o tren convencional xestionado públicamente, por suposto. É necesario un plan de movilidade sostible que combine as distintas modadilades de desprazamento dando prioridade ás máis sostibles ambientalmente (a pé, bicicleta, tren, autobús) sobre as máis insostibles, como é o transporte en vehículo privado.

Por outra parte, queremos recordar que a ampliación da AP-9 no tramo enlace Cangas- enlace Teis, afectaría á zona da Enseada de San Simón, zona declarada Lugar de Interese Comunitario e que o proxecto de ampliación nin sequera foi sometido a Avaliación de Impacto Ambiental sendo esta unha zona moi sensible ás intervencións. Ademáis, a realización desta obra suporía prexuicios sociais xa que implicaría a destrución de infraestruturas públicas na zona de Chapela así como de vivendas unifamiliares e o aumento do ruído que teñen que soportar os veciños da zona (que xa supera os decibelios permitidos) polo que esta obra conta cunha amplia oposición social.

Con respecto á ampliación do tramo Santiago Norte- Santiago Sur, aos inconvintes xa descritos, temos que engadirlle que esta obra realízase en boa medida para dar entrada a CdC da cultura, é decir, máis gasto público para poñer en valor un mausoleo que nunca se debeu construír.

En definitiva, trátase dunha nova agresión ao noso territorio coa única intención de proporcionar beneficio privado. É decir: destrución do de todos para beneficio duns poucos, ao que hai que engadirlle o incremento anual das tarifas nun 1% durante 20 anos que se sumará ás revisións anuais.

Vídeo da manifestación do 12 de Setembro: Entrevistas a Yolanda Díaz (Coordenadora nacional de Esquerda Unida) e Carlos Portomeñe (Secretario Xeral do PCG)

Esquerda Unida convértese na primeira formación política galega que desenvolve unha mobilización nacional a prol da Folga Xeral do 29 de setembro convocada polos sindicatos

MEDIO MILLEIRO DE PERSOAS MANIFÉSTANSE XUNTO CON ESQUERDA UNIDA A PROL DA FOLGA XERAL

ESQUERDA UNIDA CONVOCA A CINCOCENTAS PERSOAS EN COMPOSTELA PARA ESIXIRLLE AO GOBERNO DO PSOE UNHA SAÍDA DE ESQUERDAS A CRISE, QUE DE MARCHA ATRÁS AS SÚAS POLÍTICAS ANTISOCIAIS E RETIRE A REFORMA LABORAL


Onte a Alameda compostelá viviu o nacemento da primeira grande mobilización desenvolvida por unha organización política galega de cara a Folga Xeral do 29 de setembro. Con esta mobilización, Esquerda Unida demostra ven as claras quen é a forza política que de verdade está a traballar para e por a clase traballadora e os máis necesitados.

Medio milleiro de persoas acudiron a chamada de Esquerda Unida para esixirlle ao Goberno do PSOE unha saída de esquerdas a crise, que de marcha atrás as políticas antisociais que está a desenvolver e retire a reforma laboral. Nun acto con que EU pretendeu mostrar o seu máis absoluto apoio as organizacións sindicais de cara a Folga Xeral do vindeiro 29 de setembro.

A manifestación que contou na cabeceira coa executiva nacional de EU en pleno, percorreu as rúas compostelás baixo o grito “Nin un paso atrás. FOLGA XERAL”, para rematar nunha abarrotada praza do Toural onde o responsable de Economía e Traballo leu o manifesto, asemade de enunciar algunhas das medidas propostas por Esquerda Unida ao executivo de ZP dentro do plan “100 medidas para saír da crise”. Durante o desenvolvemento da manifestación tamén puidéronse escoitar   consignas en contra da reforma da laboral ou outras nas que se desenmascaraba ao Goberno do PSOE “Non son socialistas, son capitalistas”.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Esquerda Unida afirma que hai alternativa á crise e que a saída está pola esquerda, xusto o contrario ás políticas que está a desensvolver o goberno do PSOE baseadas nos dogmas neoliberais que nos levaron a crise

ESQUERDA UNIDA PRESENTA EN ROLDA DE PRENSA A CONVOCATORIA A MOBILIZACIÓN NACIONAL DO DÍA 12 AS 12 “POR UNHA SAÍDA DE ESQUERDAS A CRISE”


EU AMOSA O PLENO APOIO Á CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL REALIZADA POLAS CENTRAIS SINDICAIS DE CLASE E CHAMA A CIDADANÍA A ORGANIZARSE PARTICIPAR E LOITAR XUNTO A NOSA ORGANIZACION E AS CENTRAIS SIDICATOS

En rolda de prensa desenvolvida hoxe en Santiago de Compostela por membros da Executiva Nacional, Esquerda Unida ven de presentar a súa convocatoria para a mobilización “por unha saída de esquerdas a crise” do vindeiro domingo día 12 as 12 da mañá na Praza da Alameda de Santiago de Compostela.

A Coordinadora Nacional, Yolanda Díaz, indicou que a mobilización responde a necesidade de dar voz ás traballadoras e traballadores e dicirlle aos responsables da crise que hai outro xeito, social e democrático, de saír dela, porque as medidas tomadas ata o momento, que Esquerda Unida rexeita con rotundidade, son inxustas, non serven para crear emprego e saír da crise e ademais cargan os custos da crise sobre os que non somos responsables.

Yolanda Díaz destacou as principais razóns da mobilización: “defender un emprego estable e con dereitos, loitar por unha protección social plena, amosar o noso apoio pleno á convocatoria de FOLGA XERAL realizada polas centrais sindicais de clase e manifestar de maneira colectiva un abrente de esperanza para as persoas en desemprego, para os pensionistas e para o conxunto dos colectivos máis desfavorecidos da nosa sociedade”.

Posteriormente a Coordinadora Nacional afirmou que a política do Goberno do PSOE debuxa unha viraxe continuada e acelerada cara os dogmas, hoxendía crebados e fallidos, do neoliberalismo, en canto aceptou os ditados antidemocráticos e antisociais do FMI, Banco Mundial e o seu representante para Europa, a Comisión Europea, cuxo Presidente foi nomeado co acordo de PP-PSOE. Dende o orzamento para 2010 até o ataque que supón a contrarreforma laboral hai unha secuencia coherente de ataques e recortes aos dereitos das clases traballadoras e un desmantelamento dunha xa pobre protección social con medidas como o recorte do gasto público, perda de poder adquisitivo das pensións, baixada dos salarios no sector público ou recorte a dereitos adquiridos na lei da dependencia. E xa nos anuncian que van recortar as pensións, ao alongar a idade para se xubilar aos 67 anos e ampliar a base do período de cálculo até os 20 anos.

Díaz explicou que a contrareforma laboral constitúe o meirande ataque aos dereitos das clases traballadoras e enumerou algunhas das características que a converten nunha ferramenta de poder para o capital en detrimento da maioría social: abaratamento dos despedimentos, creación da figura do despido preventivo; legalización do tráfico de persoas mediante as oficinas privadas de colocación con ánimo de lucro e a ampliación do campo de actuación das ETTs. a todos os sectores; o aumento da flexibilidade interna a discreción da patronal; e o ataque á negociación colectiva, facilitando as cláusulas de descolgue nas empresas.

Esquerda unida entende que somentes a participación organizada das traballadoras e traballadores pode cambiar a dinámica do Goberno de rendición diante do capital e os mercados financeiros, polo que a nosa organización invita a cidadanía a organizarse e participar e loitar con nos pola defensa dos nosos dereitos, porque hai esperanza, hai alternativa.

Hai respostas e solucións á crise distintas, outras, de esquerdas. Esquerda Unida presentou as súas 100 medidas para acadar unha saída de crise:

-   Reparto do tempo de traballo coa aprobación da lei das 35 horas sen redución salarial.

-   Aprobación dunha lei de medidas de fomento do emprego que causalice a contratación e remate coa estendida realidade da contratación en fraude de lei.

-   Creación dunha banca pública para dinamizar o creto e impulsar a economía produtiva e sustentable.

-   Protección social plena de maneira que ningunha persoa en desemprego non reciba unha axuda suficiente mentres non atope traballo.

-   Reforma fiscal que recupere a progresividade da imposición, grave de xeito extraordinario os beneficios da banca privada e combata de maneira eficaz o fraude fiscal empresarial cifrado nuns 30.000 millóns de euros anuais.

Este domingo, día 12 de setembro, ás 12:00 horas, na Alameda de Compostela, ímonos xuntar para de maneira colectiva, entre todas e todos, construír unha Alternativa á crise, porque hai unha saída pola esquerda: dar voz ás traballadoras e traballadores do país.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Manifestación por unha saída de esquerdas á crise: 12 de Setembro

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 35 segidores

%d bloggers like this: