Esquerda Unida de Vigo chama a participar na manifestación do Domingo 27 contra os recheos na Ría de Vigo

Desde Esquerda Unida de Vigo chamamos a participar na manifestación deste vindeiro Domingo 27, contra os recheos na Ría de Vigo. A manifestación a convoca a rede de colectivos A Ría Non Se Vende ás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis [...]

Manifesto en contra dos recheos da Ría de Vigo

O Tribunal Supremo ven de declarar ilegal a ampliación do Porto de Marín de máis de 30.000 metros cadrados actualmente en fase de ocupación en superficie. Isto abre unha esperanza de que tanto o que se expón en diferentes puntos da nosa costa (recheos na Ría de Vigo), así como diversas ampliacións executadas (Reganosa en Ferrol), ou en desenvolvemento (Porto exterior na Coruña) sexan do mesmo xeito declaradas ilegais e, cando menos, a cidadanía responsable coñeza a actuación ilegal de diversas institucións (Autoridades Portuarias, Xunta, Goberno central…), que entregan as nosas costas os máis variopintos intereses privados (construtoras, empresas conserveiras, compañías loxísticas, etc..) nun desprezo absoluto a un medio ambiente litoral de unha riqueza biolóxica excepcional….

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 28 segidores